Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Crónica peregrina

lunes, 23 de mayo de 2022
Un peregrino singular, tan imaxinario como enfermo de Molière, protagoniza o libro que presentamos o luns 23 de maio os membros da Academia Xacobea no pazo compostelán de San Roque. Trátase edición en galego da Crónica dun peregrino singular, patrocinada pola Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia que dirixe D. Valentín García Gómez. Probablemente lembrarán que a edición en castelán desta obra foi presentada no Congreso Mundial da Academia Xacobea, que inaugurou a súa maxestade El Rey Felipe VI hai agora un ano.

Levar como guieiro na lectura desta obra a un peregrino singular é un recurso literario que converte o libro nunha viaxe apaixonante a través das achegas que realizan os académicos e académicas, segundo a súa propia especialidade: estudos clásicos, dereito, filosofía, psicoloxía, historia da arte, esexese bíblica, literatura e pensamento oriental. Unha manchea de estudos escritos coa clara vocación de chegar ao gran público, sen renunciar tampouco a unha visión rigorosa e actual do fenómeno xacobeo e do Camiño de Santiago.

A Academia Xacobea, pilotada por Xesús Palmou, quixo contribuír con esta obra a unha tarefa colectiva na que todas as mans son poucas: difundir os valores do Camiño de Santiago, unha ruta que vertebrou Europa e acadou na actualidade unha dimensión global. Queda moito camiño por andar e debe percorrerse con xeito, atendendo ás particulares circunstancias e desafíos de cada tempo, para que este patrimonio cultural e relixioso milenario siga colmando as expectativas do home contemporáneo.

Estou seguro de que esta obra, editada por Mundiediciones, selo editorial de Mundiario, servirá para coñecer un pouco mellor a un Camiño que promoveu, a través do tempo, os valores da paz e da solidariedade entre as persoas e os pobos, valores que hoxe botamos en falla nunha Europa que naceu peregrinando a Compostela.
Agís Villaverde, Marcelino
Agís Villaverde, Marcelino


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES