Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Vaia semana negra!

lunes, 23 de mayo de 2022
Vaia semana negra! Empezo este Recuncho Hebdomadario baixo a música de Vangelis e contemplando á miña esquerda a portada do libro de "O último barco", de Domingo Villar. Si, é unha clara homenaxe a eses dous personaxes a causa do seu falecemento. E achego tamén outra homenaxe máis ó actor galego Chete Lera, que nos deixou por culpa dun accidente de tráfico. Vaia semana negra! Días atrás escribíronse ríos de tinta dese autor de novela negra que se inventou un auténtico personaxe chamado Leo Caldas. Vangelis tamén merece que gastemos algo de tinta porque é un dos grandes compositores de bandas sonoras. E de Chete Lera haberá que estar á espera de pillar por aí algunha película, porque tamén merece que se vexa o seu traballo.

Vaia semana negra! Para boa parte de Galicia, exceptuando, por suposto, ós de Sanxenxo. Para os de Sanxenxo foi inmaculada, desexable e real, moi real. Aínda que a realeza, ultimamente, ande de capa caída. Pero en Galicia xa se sabe que somos como somos. Somos tan sinxelos, tan cordiais, tan simpliños, tan acolledores que mesmo acollemos a quen non deberiamos acoller. A mellor proba é que ata incluso vetaron a que o rei emérito se instalase na Zarzuela. Pero aquí estamos os galegos, os de Sanxenxo. Que non nos importa que o Estado dispoña os medios (nosos, por suposto) que fagan falta para que o rei emérito o pase ben, estea ben e moi tranquilo. Así, por exemplo, mándanlle á Garda Civil a que blinde a casa do paisano ese que lle deu acubillo ó rei que cazaba elefantes (e outras cousas que non eran elefantes) á nosa conta, cos nosos cartos. E como os de Sanxenxo teñen cartos a darlle cun sacho, recíbeno cos brazos abertos, que para iso lles van deixar tamén máis cartos. Dos nosos, dos nosos cartos.

Vaia semana negra!Vaia semana negra! Nun xornal conseguín ver varias imaxes fotográficas desas que te funden de golpe, sen tan sequera darche tempo a analizalas ben. Véndoas axiña asimilas o que significa unha guerra, neste caso a de Ucraína. Non é necesario ver bombas estourando ou mísiles voando os ceos, nin a soldados coas armas ó lombo; chega con ver a nenos mutilados, a mulleres mutiladas e a familias enteiras mutiladas para notar todas as miserias dunha guerra que semella que non ten fin nin sentido. Porque ningunha guerra ten sentido.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES