Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Liñas aéreas galegas

martes, 07 de octubre de 2008
Agora que algunhas aerolíñas están en crise polo encarecemento do petróleo, a competencia ou o retraimento da clientela, xorde en Galicia o proxecto dunha aeroliña galega que polo de agora só existe sobre o papel e da que se están facendo os correspondentes estudos de viabilidade.

É deses proxectos que desperta simpatía desde o primeiro momento porque a calquera de nós lle senta ben pensar na existencia dunha compañía con sede ou centro en Galicia, de capital galego, que considere Galicia e os galegos como o centro do mundo, e con actividade que xire arredor deste país.

Coméntase que a actividade desta nova compañía vai atender os tres aeroportos da comunidade, que entendemos son A Coruña, Santiago e Vigo, co que quere dicir que se atenderá a Galicia occidental, a Galicia industrializada e rica sen atender á zona oriental, máis pobre.

En Ourense habería que crear infraestructuras, pero en Lugo xa as hai, e o aeródromo de Rozas na Terra Chá enténdese que é dos mellores por non dicir o mellor situado de Galicia con pistas interminables para a aterraxe de calquera tipo de avións.

Haberá liña galega de avións, pero centrarase nas infraestructuras existentes, o que quere dicir que en relación co servizo a usuarios que teñen máis dunha hora de camiño hacia o aeroporto máis preto da súa residencia vai ser máis do mesmo.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania