Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo

viernes, 20 de mayo de 2022
Lucero Rallado

O trono foi tan grande, deu tal estoupido que mesmo Lucero se asustou, cando, na realidade é un home que non se asusta tan facilmente. E iso que non é moita cousa. Incluso podo confesar aquí que non deu o talle para meterse no exército. Por iso de que é algo bravo (sempre o foi) quixo facerse militar porque lle tiraba aquilo de percorrer Pingas de Orballo mundo e se por un casual podía bater algún inimigo, pois que mellor. Agora, o de non dar o talle, achácallo un pouco a que, de rapaz, durmía moitas veces no alto dunha artesa na palleira que tiña na vila, e pensa que iso encolleulle os ósos.
Lucero Rallado xa non vive na vila. Agora é home de cidade, de capital e anda polas rúas co peito algo botado para adiante. Repito: é algo bravo. Claro que ante esta personalidade súa, axiña os da súa vila o bautizaron cun alcume. Lembrade que por estas terras somos moi amigos de bautizar á xente, aínda que non sexan relixiosos. A Lucero chamábanlle (e chámanlle) O Macho.
Pois ben, Lucero Rallado, O Macho, era fillo da Dorinda, A Peseta, e de Filemón, O Dous Reás. Digo era porque os pobres dos seus pais xa hai anos que deixaron esta terra, cando aínda era un neno. Menos mal que alá un tío que tiña por parte de nai, Dionisio, O Peseto, botou man del e... non hai queixa; Lucero saíu algo bravo, pero, no fondo, bo rapaz.
Confeso sentir certa admiración por el. A mellor proba é que empecei dicindo que se asustara por un trono e pasei a falar do xato e esquecín o trato. A ver, asustouse do trono, pero como bravo que era, non recuou nin colleu paraugas. Botouse ó camiño para ir tomar un café ó outro lado da cidade, da capital.

A San Bieito da Cova do Lobo

Hoxe si son o Rambo molgués. E non por esnaquizar ó inimigo, senón porque non sinto as pernas. Por culpa dunha andaina. As miñas andainas sempre foron entre 10 e 15 quilómetros. A de hoxe foi tan só de 9,3. Pero que nove quilómetros! A metade do percorrido sempre subindo. Subindo en algúns traxectos nos que había que dobregar Pingas de Orballo incluso o lombo e, por momentos, apoiar as mans nos xeonllos. Despois, como sempre se deixo que baixar aínda é peor que subir, pois case, case. Case é verdade. Xa que ó baixar, e debido a que as pernas xa doían algo, as molestias eran continuas ó ter que afianzar ben os pés sobre a costa.
Ás catro da tarde (grazas a que o ceo estaba bastante nubrado) Xoel e máis eu saímos da Finca Fierro con destino a Parada de Piñor, subindo. Ó chegar a este lugar axiña collemos unha pista (pina como ela soa) que chega deica a estrada que vai de Parada a Piñor. Torcemos, logo, á esquerda, para baixar uns poucos metros, ata que nos atopamos, á dereita, a pista que sobe cara ó san Bieito da Cova do Lobo. Collémola, claro. Era toda en costa, en costa e en costa. Xa unha vez foramos a esa ermida, pero fixerámolo desde Piñor, que aínda que tamén é subindo, nin punto de comparación coa subida desde Parada.
A maiores de non sentir as pernas, pesábanme as mans. A causa da calor, toda a enerxía, toda a canseira baixaba para as mans. Como lle dixen ó rapaz: nunca estivera tan gordo. Ó chegar á casa repuxen forzas cun cacho de chouriza con pan.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES