Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Sempre a miña falarei!

jueves, 19 de mayo de 2022
Onte foiche na Quintana
o bruar do mar galego.
Hoxe volve o sentidiño
de sermos en casa alleos.

A marea xa baixou
e alá está sen se mover
o galego acantoado
sen se erguer nin o poder.

Unha gota non fai nada.
Moitas xuntas son o mar!
Gota amiga, ven comigo
e falemos sen parar.

Só na lingua que é de noso,
sen a querer agachar.
Falas ti e falo eu,
xa dous somos e outros máis!

Subamos marea arriba
e non baixemos xa máis!
Que é iso de irmos ó alto
pra logo volver atrás?

Só nos vai unha marea,
aquela que é sempre alta,
sen deixar a propia altura
por grande ou cativa causa.

As linguas fanse falando,
non inzan a bico pecho.
Sé laverca cantareira,
espalla o teu canto eterno!
Cabada Castro, Manuel
Cabada Castro, Manuel


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES