Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo

jueves, 19 de mayo de 2022
Que media hora!

Para a maioría da xente os luns será o peor día da semana, por aquilo de que teñen que traballar. Mesmo para os que estudan. Para algúns será o domingo, ou ben tamén polo traballo ou ben pola familia. Pola familia, si; porque sempre hai uns cantos que están mellor traballando que na súa propia casa. Eu mesmo (pero sen familia), Pingas de Orballo cando me tirei case dez anos en Madrid; que como estaba só nunha triste pensión, desexaba estar cos compañeiros.
Cando empecei a traballar unha viña de case unha hectárea, os peores días da semana eran todos, incluso algún que outro domingo, e destacando por enriba de todos os sábados. Porque, claro, os demais días, quéirase que non, ó ser funcionario, empregaba o tempo noutros mesteres e aínda que, polas tardes, si, a viña reclamábame. Pero os sábados eran horribles porque xa era todo o día fochicando de gavia en gavia e de cepa en cepa.
Agora, os sábados, abandonada xa a viña e xubilado, son como un entretemento. Fochicando no terreo e tan só unhas dúas horas pola mañá; o suficiente para descargar o estrés, para matar o tempo.
Para este xubilado, agora mesmo, o peor día é o venres. E non o día enteiro. Simplemente media hora. Odio esta media hora! A de facer a compra. En vez de dicirlle á muller de ir ó súper xa lle digo de marchar ó monte Calvario. Porque iso si é unha auténtica crucifixión. Ábrenseme as entrañas e renace a úlcera. Mira e remira e volve mirar. Colle, solta e volve coller. Vai e vén e volve ir. Ese tempo nunca ten fin! Si, só media hora, pero... que media hora!
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES