Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Covid22

martes, 17 de mayo de 2022
Estes días eu debería estar disfrutando da viaxe por Sicilia que por fin puido organizar a Asociación de Amigos do Camiño de Santiago, despois de dous anos de agardar. No canto diso, permanezo atrincheirado en Lugo, levando un extraño pasaxeiro, temido intruso que á forza de insistir, reducido seica a gripe extraña, vai chegar a afectarnos a todos.

Que o virus se manifestara o día antes de partir provoume un importante conflito: Agora que nin che dan a baixa do traballo por este motivo, é lícito viaxar co risco de contaxiar a persoas que poden ter menores defensas ca min, e ocasionarlles un mal maior ca o que eu teño?. Porque o que ao mellor para min é un mal levadeiro, a outros pode provocarlles algo máis grave. E quedeime.

Como agora viaxar portando o Covid seica non é un problema, non funciona o seguro e non recuperarei o custo da viaxe, pero coido que a tranquilidade de pasar en soedade este pequeño calvario eme moito máis valiosa que viaxar coa inquedanza de ser unha bomba de reloxería.

O que en principio foi Covid19 polo ano de aparición, entendo que debe ir cambiando de nome, e agardo que o de Covid22 sexa o derradeiro, e nos deixe vivir unha vida máis tranquila, aínda que xa nunca será igual ca a anterior. Para acreditar que este íncubo señoreaba o meu interior, e obter un resultado inmediato, acudín á medicina privada, a pé, como a miña situación recomenda, pero fixéronme volver á casa polo coche – non me aceptaron como peatón, e tiven que andar un kilómetro máis -, paguei relixiosamente, e funme para a casa bendecindo mentalmente a sanidade pública, aínda que non sexa tan rápida en dar o resultado.
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES