Ter para dar e dar para ter
Cachaza Platas, Mercedes - jueves, 19 de mayo de 2022
Ninguén pode dar o que non tén
O que dá é porque tén e máis porque quere compartir.
O que non tén, non pode dar.
O que tén e non comparte...
¿Será egoísta? ¿Será tacaño/a?
Eu son das persoas que pensa que hai que ter para dar e hai que dar para ter.
Dar para ter parece que ten un matiz egoísta; pero non ten porque ser así.
Cando se dá algo, dáse desinteresadamente se intención de recibir nada a cambio; pero antes ou despois recíbese a recompensa.
¿Devolve o favor quen antes o recibiu?
Non, necesariamente.
A veces si; pero xeralmente, non.
QUEN DÁ, DÁ DE CORAZÓN SEN NECESIDADE DE GRATIFICACIÓN.
Pero: debe ser por unha lei de equilibrio universal, que a veces recíbese axuda de quen menos se espera.
¿Por qué dan gratuitamente esas persoas anónimas?
Porque elas son conscientes de que recibiron moito.
O DON DA GRATUIDADE EXISTE.
HAI MOITAS PERSOAS QUE SE SENTEN MOI BENDECIDADAS PORQUE RECIBIRON MOITOS TALENTOS GRATUITAMENTE:
Tales como:
-O regalo da vida.
-Nacer unha persoa normal.
-Nacer nunha familia con bos principios.
-Sentirse amadas polas persoas que está ó seu carón.
-Poder adquirir unha boa formación.
-Encontrarse con moi boas persoas pola vida.
-Ter bo corazón...
Etc, etc...
Por eso nos encontramos na vida con persoas:
-Que son todo bondade.
-Que sempre mostran un rostro algre aínda que teñan problemas.
-Que sempre están dispostas a botar unha man.
-Que son excelentes pais e nais de familia.
-Que son excelentes profesionais.
-Que son excelentes compañeiros de fatigas.
-Que entregan a súa vida por unha causa xusta.
-Que son persoas desprendidas.
-Que fan ben porque lles sae da alma.
-Etc, etc.
¿Cal é a riqueza desas persoas?
A riqueza desas persoas está na súa maniera de ser, independientemente de que teñan máis ou menos riquezas materiais.
Esas persoas séntense ricas por facer ben sen mirar a quen.
SON PERSOAS QUE TEÑEN PARA DAR E PARA DARSE.
ESAS PERSOAS SON OS ANXOS QUE NOS ENCONTRAMOS NA VIDA.
Esas persoas son iluminadas polo Espírito Divino.
ESAS PERSOAS SON A LUZ E O SAL DA TERRA.
Son persoas que dan e reciben.
Así se completa o círculo de ter para dar e dar para ter.
A verdade é que temos moito que aprender deste tipo de persoas.
Se todos foramos como elas, o mundo sería moito mellor.
O PARAÍSO NESTA VIDA NON PODE CONSEGUIRSE, PERO NINGUÉN NOS PODE IMPEDIR SOÑAR CON ALCANZALO ALGÚN DÍA.
Ese soño, move a vida de moitas persoas.
E grazas a elas, o mundo vai todo o ben que vai.
Precisamos persoas con soños que cumprir, porque tal como vai o mundo, vai haber moito traballo á hora de reconstruílo.
"PERSOAS CON SOÑOS"
Este será o título do seguinte artigo.
Moitas grazas por terme na súa consideración nesta ocasión.

Cachaza Platas, Mercedes
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora