Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Señora Ayuso, téñase respecto a sí mesma como muller

miércoles, 18 de mayo de 2022
Estimada señora:
Vou tentar ser profundamente respectuoso con vostede. E ademais a cuestión é moi seria. Déronme profunda pena estas súas declaracións á prensa: "La única regla que me importa es la regla de tres, que es la que quieren quitar de las matemáticas con perspectiva de género y es a lo que me debo, no a estas cuestiones, que creo que no solucionan nada". (https://www.20minutos.es › noticia. 14-05-2022).
Verá: chámome Xaquín e non son muller. Pero son fillo dunha muller á que non lle puidemos poñer cara os catro irmáns que a sobrevivimos. Por ser muller,finou no parto do noso irmanciño máis novo que tamén finou aos quince días. Nós ficamos orfos de moi picariños.

Si. Morreu por ser muller. Debido a esa función feminina, tan absolutamente sagrada como é o seu "ciclo feminino" noque, se o óvulo non se fecunda, 'case sempre' termina nunha regra. Digo, 'case sempre', porque son moitos os problemas, multicausales e tamén patolóxicos que se dan na vida das mulleres. Enchen librosde medicina e enfermaría. Incluso de medicina forense. Moitas destas complicacións agoraxa non son ben atendidas nesa medicina primaria e xinecolóxica que están acabando de desmantelar. Pero disto non quero falar agora por ser un tema especializado e moi amplo.

Quero falar do desprezo que sentín á miña nai, ás miñas irmás e a todas as mulleres, principalmente ás pobres. Que mal lle fixemos todos nós?

Eu son fillo dun deses ciclos ovulatorios fecundados e delnacemos dous xemelgos. Non sei se vostede, nese ton despectivo, se refire a esta "regla de tres". Cando finou a nosa nai e "o seu último fillo", certamente, cumpriuse a "regla de tres" á que vostede alude nese xogo de palabras e sentidos. "Fomos tres" os afectados: a nosa nai, os seus sete fillos nacidos e o noso pai, unexcelente educador a quen vimos chorar tantas veces, porque, partido pola metade no seu proxecto de vida familiar, falloulleesa "regra de tres", coa que vostede fai unha brincadeira pouco estética nin ética, e tivo de loitar soíñoun proxecto atres.

Eu non son de ciencias puras, pero na nosa escoliña rural, D. Antonio, o excelente mestre que tivemos, aprendeunos varias regras matemáticas, que viñan naquela Aritmética de Dalmáu Carles e el, sabio eminente, aplicábaas á vida en todos os sentidos posíbeis. Por iso tamén nos ensinou a 'regra de interés, simple e composto'. E certamente que o practicaba ata a excelencia. Ademais de ser bo profesor era un bo pedagogo e mestre de vida e valores. E logo a 'regra de compañía', xa quexunto con D. Xesús, o noso santo párroco, e toda a parroquia da aldea miraban por todos, sobre todo polos necesitados e indixentes que eramos todos. Estou a falar desde os primeiros anos corenta para adiante. Anos de posguerra, fame e moitísimos medos. Daquela tamén mandaban os antecesores de vostedes. Eran de dereitas, disque. Grazas áregra "de compañía" e ao "interés", ensináronnos a vivirmos practicando outras dúas regras: a regra de 'conxunta' e de "repartimentos proporcionais". Por iso pasamos menos fame e tiñamos algo con que cubrirnos. E así chegamos ata hoxe, pasando polaregra da emigración que vostede, grazas a Deus e a todos nós, non sabe o que é iso.

Señora Ayuso: Non xogue coas palabras, nin cos sentidos delas e menos coas persoas. Todos coñecemos a polisemia. E non insulte ás nosas mulleres en idade fértil, nin a intelixencia dos que temos que sufrir esa falta de formas dos persoeiros públicos. Pode ser moi prepotente pero "a regla das nosas nenas e mulleres" non é unha regla "dos tres" ou catro que aínda por riba se mofan. Xa sabemos que "La única regla que me importa es la regla de tres". Hai un colega seu, o señor Sánchez Galán, o de Iberdrola, quen hai uns díasen doce (12) palabras tamén afirmou de nós: "Solamente los tontos que siguen con la tarifa regulada pagan ese precio". E engade o cronista: "lo acompañaron las risas de sus compañeros de estrado" en referencia a la brutal escalada de la luz en los últimos meses". (País, Economía y trabajo, p. 50, 15-05-2022).

"Ayuso ha indicado que ella está dedicada "a los problemas reales", "es a lo que me debo", ha remarcado, "y no a estas cuestiones que no solucionan nada".
Señora Ayuso, eu son ATS-DUE, un vulgar enfermeiro, colexiado, con anos de profesión e xa xubilado. Vin chorar e asistín moitas veces a moitas nenas e mulleres de toda idade e condición "por seren mulleres". Tamén en Intensivos e Urxencias. Asistín moi de cerca en enfermería comunitaria a mulleres vítimas e maltratadas pola vida e pola "trata". Algunhas "morréronnos" na asistencia. E tamén no corazón, co "que só se ve o esencial", segundo o Principiño. E agora fago un voluntariado no cárcel desde hai trece anos. Tamén hai mulleres.Vostede, di "está dedicada "a los problemas reales". Por favor. Non use vostede esa linguaxe prepotente, intranscendente, frívola, banal, superficial, demagóxica, vacua, baladí, extravagante, inconsubstancial, lixiera, trivial, fútil... Non é propia de vostede.

"Es a lo que me debo y no a estas cuestiones que no solucionan nada". Señora Ayuso. Xa lle dixen que algunhas "nos" morreron, pero infinidade delas nin chegan a nós. Foron silenciadas. Se calquera de nós, profesionais daasistencia pública, desde o servizo de limpeza ata o máis doctoespecialista, dixésemos estas palabras estariamos encausados e con toda razón.

Eu vin e asistín a esas mulleres. Vin sufrir e chorar. E morreron. E chorei con elas e por elas. Vin nelas sempre a nai que non coñecín, que morreu, moi estimada e querida de todos nós, pero por dar vida deunos a vida. E "por ser muller" nós custámoslle a vida a ela. Tal vez hoxe non morrera cunha sanidade mellor da que vostede no seu goberno están a prestar. Non lle vou explicar máis ni falarlle do Covid. De verdade, síntome profundamente ferido por vostede, precisamente por vostede, unha muller. Eu, que non son muller, nunca xogaría coa saúde e menos coa vida de quen nos dá a vida á costa da vida. Non. Non se pode falar así!

Nós, eu, coma vostede, tamén estamos dedicados a tratar "esos problemas reales". E tampouco "falamos de memoria". Pero chega un intre que cómpre falar. Con respecto, pero falar. Non quero ser cómplice de vostede nin de ninguén. Estou ferido inxustamente.

Non lle vou rogar escusas para as miñas feridas. Non importan. O PROBLEMA É MOI SERIO. Pero, por favor e por xustiza, trate con máis respecto ás mulleres, ás nenas, ás anciás e velliñas e á "condición feminina". Non son "reglas de tres" das matemáticas. Esas débeas tratar no sei eido correspondente. Dicimos en latín: "Distingue tempora et concordabis mores" et leges etiam. Trátese a si mesma coa dignidade que merece a súa condición feminina. Vainos a vida niso.

Grazas pola atención e os seus desvelos. E desculpe. Érame máis doado calar. Ou falar polo baixiño.

Con toda consideración.
Campo Freire, Xaquín
Campo Freire, Xaquín


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES