Primavera que nos fai rebulir
Cabada Castro, Manuel - martes, 17 de mayo de 2022
Vaiche vindo a primavera
vai vindo ela,
ai, ai!
Vai vindo ela,
e as nubes non se van,
tris tras!
Vén o día
e vén a tarde
e eu sen plans!
Pica pica o rabirrubio
dando brincos polo chan,
plis plas!
E eu parado e estantío
sen saber que vou facer,
bla, bla!
Fico estraño ante todo,
cal pailán.
Por que será?
Pica o merlo na cereixa
e dime el:
saben ben!
A anduriña busca o niño
onde hai meses fora nena.
Xa o topou!
Cirrios moitos a porfía
van no vento
en escuadrón!
E o cuco cucador
alá no fondo
cucou de vez!
Mais a rosa na roseira
diante miña non me fala.
Só sorrí.
Hai que ver que cousas fai
a primavera cando vén,
amodiño e sen berrar!
Fálame alto, primavera,
pra te oír
como é debido.
Vouche vello, queridiña,
e xa non sei
namorar!
Namora ti,
moza sempre, primavera.
Logo un bico che darei!
Cabada Castro, Manuel
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora