Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Museos queridos e os que non queremos

miércoles, 18 de mayo de 2022
Onte celebramos as nosas letras. Os nosos escritores, as nosas escritoras con especial mención neste 2022 para Florencio Delgado Gurriarán. Hoxe é o Día Internacional dos Museos. Nesta terra, temos moitos e, por certo, únicos e irrepetibles. Só hai que pensar, por exemplo, nas musealizacións feitas "in situ" na cidade de Lugo, como a Casa dos Mosaicos, a Necrópole de San Roque ou o Mitreo. Todo isto deulle a Lugo un novo auxe que empezou na declaración da Muralla como Patrimonio da Humanidade. Tamén podemos falar dos museos científicos da Coruña, do Museo do Pobo Galego, do Museo Pedagóxico de Galicia e de tantos outros...

O certo é que o sector cultural galego (refírome aos profesionais, non aos cargos institucionais) puxo no centro un patrimonio cultural e etnográfico impresionante. Empezando polos Camiños de Santiago que certamente están cambiando Galicia. Sabemos patrimonializar, poñer en valor, amosar ao mundo e, tamén, musealizar. A pesar disto, hai un museo que agardo que nunca exista: o da lingua, porque quero que siga viva, a pé de rúa, combatendo fouces autoritarias disfrazadas de demócratas. Para a lingua desexo transmisión e transformación, desexo que Galicia siga tendo unha identidade propia na que, por certo, cultivamos a memoria dos nosos antergos. Se temos unha historia propia, non temos porque renunciar a ela e menos cando quen reclama esa renuncia é o malinchismo asoballador.

Quizais sexa ese malinchismo o que deberíamos musealizar como exemplo do que non se debera repetir.
Santalla, Iago
Santalla, Iago


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES