Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

O amor única norma

domingo, 15 de mayo de 2022
Curto é o texto do evanxeo de Xoán, tal como ocorría no anterior domingo. Breve en palabras, pero moi denso e amplo na súa transcendencia, porque apunta a algo decididamente central na mensaxe do evanxeo: o amor.

Xesús atópase en momentos de íntima confidencia cos seus discípulos cando lle quedan poucas horas de vida e de conversa con eles. Momentos dramáticos tamén porque algún dos seus decidira xa no seu corazón entregalo ás autoridades relixiosas e políticas para que acabasen con el. É en momentos coma estes cando se comunican e transmiten as recomendacións máis esenciais. Os que permanecen vivos, os herdeiros coma quen di, non poderán esquecelas.

A derradeira e, polo tanto, a máis importante recomendación de Xesús é moi emotiva e tan doada de entender como difícil de levar á práctica. Acabámola de escoitar: "Meus fillos: só un pouquiño estarei convosco. Douvos un mandamento novo: amádevos uns a outros. Como eu vos amei, amádevos tamén entre vós".

Sen dúbida, trátase dunha verdadeira síntese de todo o evanxeo: da ensinanza e da práctica continua de Xesús ata este intre e nas próximas e poucas horas que lle restan de vida. No fondo, el non ensinou nin practicou outra cousa máis ca iso: o amor, a entrega sen reserva ós demais ata dar el mesmo a súa vida por todos.

Trátase en realidade dun mandamento novo? Nalgunha outra ocasión aludín a unha das normas ou mandados do Antigo Testamento, concretamente do libro do Levítico. Entre esas normas que, segundo o Levítico, Deus lle dá a Moisés, en relación co modo de se comportaren as persoas que Moisés ten ó seu cargo, aparece esta: "Non terás odio no corazón ó teu irmán [...] Non te vingarás nin "Amarás o teu próximo coma a ti mesmo") sobre todo nas súas discusións cos doutos do xudaísmo. A xente entendía bastante ben que se Deus é bo con todos, non podemos pola nosa parte ser malos uns cos outros. No Antigo Testamento tíñase, pois, conciencia da bondade e da paternidade de Deus en relación co seu pobo. Era lóxico, pois, que o senso de mutua fraternidade entre todos se fose asentando cada vez máis.

Pero Xesús quere ir máis alá destes bos sentimentos do Antigo "primeiro" mandamento da lei lle responderá utilizando as mesmas palabras do libro do Deuteronomio (6, 4-5): "O primeiro é: Escoita, Israel: O Señor, noso Deus, é o único Señor. Amarás o Señor, teu Deus, con todo o teu corazón, con toda a túa alma, con toda a túa mente e con toda a túa forza".

Con isto a pregunta quedaba perfectamente respondida. Mais Xesús vai engadir a isto (sen que o letrado llo preguntara) algo decisivo ó colocar dalgunha maneira o chamado segundo mandamento ó mesmo nivel có primeiro. Velaquí o que el engade: "O segundo é este: Amarás o teu próximo como a ti mesmo. Non hai mandamento máis importante ca estes".

Tiña boas razóns para engadir iso, porque no Antigo Testamento estes dous mandamentos estaban en certo modo pouco relacionados entre si. Do primeiro falábase no Deuteronomio e do segundo no Levítico (19, 18), mesturado este último ademais con outras diversas normas. O que el fai coa súa resposta ó letrado é darlle ó segundo mandamento, é dicir, ó amor ó próximo unha dignidade en certo modo divina. De modo que amar o próximo vén sendo para Xesús practicamente o mesmo que amar a Deus.

Agora ben, o que el fai agora, nestes derradeiros momentos de intimidade cos seus discípulos, é subir aínda máis o listón da importancia e da esixencia do amor ó próximo. Por iso poderá indicar con toda razón que o seu mandamento do amor ó próximo é verdadeiramente "novo". Por que? A razón e ben sinxela. A medida do amor ó próximo no Antigo Testamento era "un mesmo": "Amarás o teu próximo como a ti mesmo". A medida do amor que el anuncia agora é moito máis esixente e, xa que logo, decididamente "nova": Amarás o teu próximo "como eu vos amei". E como amou Xesús? Ben o sabemos, polo menos teoricamente. Amou os demais máis que a si mesmo. Amou totalmente, entregando a súa vida, é dicir, entregándose a si mesmo, pola salvación e liberación de todos. A medida do seu amor non é polo tanto el mesmo ("como a ti mesmo"), porque se esa fose a medida do seu amor, non poría en xogo a súa vida e non a daría polos demais.

Esta actitude ten unha certa semellanza coa desas boas e xenerosas persoas que se lanzan de súpeto a un mar embravecido para libraren da morte a unha persoa en perigo de afogarse. E iso practicándoo non unha ou dúas veces e case sen pensar, senón ó longo de toda unha vida e de maneira consciente e consecuente ata a propia morte.

Esta é, pois, a medida á que estamos convidados e que fará que xurdan ese "ceo" e "terra" tamén "novos" dos que se nos fala hoxe no libro da Apocalipse da 2ª Lectura.

Hai ademais unha importante advertencia. Só se procedemos así, seremos considerados verdadeiros discípulos de Xesús. Ese ha ser, pois, o noso sinal distintivo, para así termos capacidade de atraer outras persoas ó camiño de Xesús. "Nisto coñecerán todos que sodes os meus discípulos: se vos tedes amor uns a outros". Os cristiáns non podemos, en consecuencia, contentármonos con dicir simplemente que o somos, é dicir, que somos cristiáns. Pois se o amor non se converte en motor das nosas vidas e da nosa relación con todos non o seremos de verdade.
Cabada Castro, Manuel
Cabada Castro, Manuel


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania