Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Respectar o Parlamento

viernes, 03 de octubre de 2008
Nós, pobo, respectamos o Parlamento de Galicia como a primeira institución do País, o lugar onde se estudian os máis acuciantes problemas, a sede do poder que emana do pobo detentado polos setenta e cinco representantes que conforman o noso conxunto lexislativo.

Hai un sentemento colectivo, que se procura fomentar especialmente entre os máis novos, de que a a Cámara da rúa do Hórreo é un lugar sacro onde non hai que descalzarse pero si que hai que asumir o que representa, os séculos que costou conseguir unha institución así, o valor que ten para a nosa vida común.

Agora só fai falla que os membros do Parlamento, os nosos parlamentarios, asuman o esencial do seu papel, a seriedade do seu traballo, a dignidade da institución e de cada un dos seus membros.

E sen embargo hai uns días o grupo do Partido Popular abandonou os seus escaños como protesta porque o voceiro do Bloque os acusou de vir do franquismo e ser posuidores dun código xenético conservador e reaccionario. E cando a Presidenta Villarino decidiu retirar da acta as palabras agresoras este chamoulle “Presidenta do PP”.

Non dicimos que os parlamentarios no Parlamento esquezan a súa cor para ter somente a cor de Galicia, que sería moito pedir. Dicimos que, unha vez alí, hai temas abondos que tratar como para perder o tempo con lindezas ou insultos. É igual do tema de que traten. Falen do que falen, fágano con educación e seriedade.

Os que na Cámara están son os nosos representantes, os nosos asalariados, os nosos delegados. E pode haber catro impresentables que gosten de destemplanzas parlamentarias, pero a inmensa maioría dos galegos queremos seriedade nos plantexamentos, estudio dos problemas, discusións ordenadas, traballo e respecto pola institución. A institución parlamentaria debe ser respectada, en primeiro e exemplar lugar, por parte de todos os seus membros. E o que non saiba, non poida ou non queira, que se busque outro traballo.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES