Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo

viernes, 13 de mayo de 2022
A fera que levaba dentro

Saquei a fera que levaba dentro. Na realidade son calmo, cachazudo, manso, tímido, mesmo covarde. Pero cando quero tamén son o demo. Cando quero. Menos mal que quero poucas veces. Porque como son pouca cousa, non vaia ser o demo que... Así é que, xeralmente, aguanto co que me boten. Apando co remedio e coa enfermidade.
Pingas de Orballo Pero hoxe, e sen ningún motivo aparente, quixen sacar a fera que levaba dentro. E saqueina. Rillei ósos. Esmaguei cabezas. Fundín almas. Esnaquicei corpos. E puxen patas arriba o universo. Por un quítame alá esa palla; ou sexa, por nada. Como dixen: sen motivo. E mirei con esas miradas que matan. E matei, vaia se matei. As feras matan. Eu, neses momentos, era unha fera. Unha fera con uñas e dentes, que atacaba a base de puñadas e patadas.
Suaba. Sangraba. Bruaba. Mesmo ouleaba. Como as feras. Moitos, como non eran parvos e como axiña se decataron de que hoxe, eu, tiña o día torto, empezaron a meter o rabo entre as pernas e pouco a pouco deixáronme de lado. Non sei quen puxo música de Mike Oldfield (ó mellor era de Vangelis ou o Adagio de Albinoni), que non tardei en calmar. Ó momento pensei que sería verdade iso de que a música amansa ás feras. Porque, segundo quixera sacar a fera que levaba dentro sen ningún motivo, agora, co motivo da música, xa me notaba de novo calmo, tímido, manso, cachazudo, mesmo covarde. Baixei a ollada asasina e xa me ruboricei ó pensar na miña fereza.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES