Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A misteriosa e incógnita Valura (9)

viernes, 27 de mayo de 2022
O idioma galego e os Valuros

Un dos poucos estudosos deste pobo valuro, Isaac Rielo Carballo na súa, "Aproximación histórica ós mitos baluros ou valuros", recolleito do dicionario xeográfico de Miñano, trata o feito de que os valuros "arranxaban bulas pontificias, imprentábanas e, logo, traducíanas ao idioma vulgar -mágoa que non se conserven semellantes versións, pois virían corrixir o baleiro da produción literaria galega nos séculos escuros- aparentando tamén a presentación ao tribunal da Cruzada, e exhibíndoas, en troques, despois aos bispos e párrocos exhortándoos ao seu cumprimento e a inscribirse nas súas supostas confrarías..."
A misteriosa e incógnita Valura (9)
Todo isto, como vemos, supón un enfrontamento total ao poder eclesiástico porque se son capaces de arranxar bulas pontificias, que orixinariamente estaban escritas en latín e, se aparecía o castelán, era porque se traducía no arzobispado, considerando, claro está, e según o clero, en orden da súa importancia; primeiro o latín, despois o castelán, e o galego, como vemos, é considerado un idioma vulgar empregado polos valuros que o traducirían do castelán ou do latín, supoñemos que do castelán e rexeitado como idioma polos señores mitrados.

Os Valuros debían ser uns galegos cun sentimento moi arraigado e profundo da nosa lingua debido a que se os valuros só buscaban o diñero e as cousas de valor única e exclusivamente -tal e como no los presentan-, suponse que para eles sería moito máis doado facelo en castelán, ganarían os cartos e, acabouse, pero non, eles tiñan consciencia da importancia do galego porque transcribían as bulas ao idioma noso que era o que falaba todo o mundo, o que supoñía:

1º Darlle a importancia que realmente tiña ao noso idoma, de aí que debían ser xentes moi conscientes do valor do galego como lingua de comunicación e, que se supón, utilizarían arreo.

2º Ser capaces de ser descubertos inmediatamente pola xerarquía relixiosa e poñerse á exposición a todo tipo de atrancos e dificultades que chegaban ata a excomuñón.

3º Indicarlle aos xerarcas eclesiásticos a necesidade de contactar co pobo no seu idioma primixenio, o que obviaron ao longo dos séculos e que aínda hoxe o idioma galego empregan en contadas ocasións e por contados cregos nas súas ofrendas relixiosas.

Con todas estas dificultades e expostos aos poderes temporales e intemporales, temos que agradecer a estes valuros a súa valentía para co noso idioma e para con eles mesmos, porque nada sabemos se houbo ou non castigos e escarmentos por parte do estamento relixioso distinta ás adoitadas pauliñas coas que trataban de enmendalos e reprimilos; refírome, naturalmente, ao Tribunal do Santo Oficio, coñecido vulgarmente como a Inquisición.

A verdade é que debían ser unhas persoas moi ousadas para expoñer as súas vidas e o seu honor e honra a prol dun idioma e ser capaces de manter unha loita contra a Igrexa nos momentos en que esta tiña un poder omnímodo, supón todo isto un pouso suevo e priscilianista moi arraigado. Hoxe, sabendo o que a historia fixo coa xente non crente, ponnos os pelos de punta ao observar a súa teima en contra de moitos aspectos relixiosos que abranguen a historia da Valura e a historia da Galiza escondida e desaparecida interesadamente polos que ostentaban a autoridade e o poder. De aí veñen esas connotacións tan negativas desta tribo e incluso da mesma verba "valuro", desaparecida da Terra Chá cando desde sempre se a coñeceu primixeniamente como "A Valura" ou "A Valadura" da Terra Chá e hoxe invírtese o nome e todos lle chamamos Terra Chá e non Valura ou Valuria.

Salve Valuria!

Texto: Xosé Otero Canto
Fotografía: Anxo Grande Penela


NOTA:
RIELO CARBALLO, Isaac.- Aproximación histórica ós míticos baluros ou valuros”na presentación do libro de poemas VALURIA de Xosé Otero Canto. Castro de Rei 28-02-2016.
Otero Canto, Xosé
Otero Canto, Xosé


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES