Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A misteriosa e incógnita Valura (8)

viernes, 20 de mayo de 2022
A Terra da Valura ou Terra Chá

O nome de Terra Chá, palabra que hoxe goza de ser a máis empregada polos falantes, fai referencia á orografía territorial desta comarca que foi castelanizada por "Tierra Llana" polo franquismo e o seu Instituto Nacional de Colonización, que trouxo para esas paraxes as xentes procedentes, en liñas xerais, das montañas cercanas. Esta comarca estudábamola na Xeografía de primeiro de bacharelato dos anos 60 e diciamos "de corrido" os nomes das comarcas nas que estaba dividida España, -moi ao seu pesar-, aparecendo como unha comarca de Lugo, entre outras.

O nome de Terra Chá acáelle a esta comarca pola planicie do seu territorio, pero hai outro nome, que en séculos pasados tiña máis forza porque estaba referido ás "gens" latinas, liñaxes ou familias que habitaban este espazo xeográfico.

No século XVIII e principios do XIX e supoñemos que tamén nos séculos anteriores predominaba o nome de Terra Valura sobre o de Terra Chá, para atestigualo propoñemos a lectura do libro "Descripción económica del Reyno de Galicia", de José Lucas Labrada, publicado en Ferrol no ano 1804, onde vai describindo a economía das daquela sete provincias que constituían o Reino de Galicia, a saber: Mondoñedo, Betanzos, Coruña, Santiago, Tuy, Orense e Lugo.

Na páx. 26 do citado libro e tratando de Mondoñedo, dinos: "Aunque la provincia de Mondoñedo no es de las menos interrumpidas de montañas, sin que por esta razón falten lobos en algunas de ellas, hay también diversos valles bastante fértiles", entre eles aparecen a Terra de Miranda, o Val de Lourenzá e despois dinos:

"La tierra de la Balura o Terra Cha, que se halla dos leguas escasas al Sur de Mondoñedo, en la parte que corresponde a esta provincia, aunque no muy cultivada, produce algún trigo o centeno".

O autor, José Lucas Labrada, denomínaa destas dúas formas. En primeiro lugar, "Tierra de la Balura", e en segundo lugar, "Terra Cha". Isto acontece no ano 1804, que é o ano de publicación deste libro pero que nos invita a pensar que non somente a principios do século XIX (1804), senón que en todo o século XVIII e anteriores predominaba o nome de Terra Balura, nome xentilicio que fai galano da tribo chairega dos Valuros que habitaban dende tempos inmemoriáis a comarca.

Chámanos tamén a atención o feito de que en 1804 aínda non estaban construídas as pontes de parte do Camiño Real, que ía de Mondoñedo a Lugo. Pois o autor aclara...

"Con respecto a la ciudad de Mondoñedo sabe el Consulado que los caminos más necesarios de reparación son el que va a la villa de Ribadeo que está a 5 leguas de distancia, y lo mismo el de Castilla que hoy va por las montañas de Seselle, Fuente Miña, etc., y el que de la misma ciudad va a Lugo, en el cual se debiera construir un puente de la feligresía de Santa María de Outeiro sobre el río Miño que por allí pasa; otro en Ubeda en la parroquia de este nombre; y el otro en Duarría sobre el río Lea, pues ninguno tiene puente que pueda pasarse a caballo, apeándose los transeuntes en el primero para atravesar un puente de madera bien peligroso, y pasándose los dos últimos por un vado".

Salve Valuria!

Texto: Xosé Otero Canto
Fotografía: Anxo Grande Penela


NOTA:
LUCAS LABRADA, José.- Descripción Económica del Reyno de Galicia. Ferrol, 1804. Imprenta de don Lorenzo Riesgo Montèro.
Otero Canto, Xosé
Otero Canto, Xosé


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania