Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A crise en dous actos

viernes, 03 de octubre de 2008
Primeiro acto:

Érguese o pano neste teatro do mundo e aparecen en escena unha morea de persoas dando voltas polo escenario, uns poucos falando baixiño, outros en maior número xesticulando e falando normal; os máis, berrando como tolos. As vestimentas que levan son de roupa dos anos oitenta. De seguido vese ao lonxe dous personaxes moi parecidos, cada vez que se achegan a toda esa xente todos calan e deixan de berrar, esa xentiña danse conta que teñen diante deles a un home e unha muller e ao seu carón traen uns gardiáns uniformados.

A muller ten un parecido a “Dama de Ferro” do Reino Unido a Margaret Thatcher. O home é cuspidiño a aquel actor secundario que foi presidente de EEUU un tal Reagan.
Primeiro fala a Dama dicindo que, xa vai sendo hora de que todos entredes polo aro, que o de vender e mercar e as entidades financeiras teñen que regularse por si mesmas e teremos que privatizar os sectores estratéxicos da economía estatal e reconverter o que a nós nos de a real gana. Nese intre escóitase uns fortes berros da maioría e algúns deles con ameazas co puño pechado. Axiña o cuspidiño a Reagan da unha orde aos gardiáns, comeza unha batalla campal onde quedan feridos no escenario e os máis fuxan como condenados.

Os que falaban baixiño comentan entre eles que iso pode ser moi bo, xa que as talladas que se poidan repartir entre eles pode ser moi apetecibles. Os que xesticulaban e falando normal, berran un pouco e cálmanse cando un deles di que algo lle pode caer desas talladas.

Comeza un diálogo no escenario entre todos eles, mentres que a maioría que fuxiron quedan fora da conversa, só lles quedou a resignación e seguir como estaban, consumindo e pagando os "diezmos" para manter ese proxecto occidental presentado polo rei do mambo americano e pola "Maggie Out” Inglesa.

Cando penso que estamos chegando ao final do primeiro acto co escenario baldeiro, escóitase un ruído infernal e ves como comeza a derrubarse un balado cun letreiro que poñía en letras grandes: "Muro de Berlín". Nese intre cae o pano.

Segundo acto:

Neste acto xa se contempla no escenario un "despelote" e unha desfeita, tirados no chan atópanse unha morea de persoas de distintas razas espidos e moitos esqueléticos. Ao fondo vese un "mapa mundi" do milenio, onde observas algúns continentes cheos de sangue, suor e bágoas.

De seguido aparece aquela maioría pegando berros coma tolos e co puño erguido algo desfarrapados. Logo entran aqueles das talladas pequenas dicindo que, o cazo que puxeron non lles chega a nada. Con moito acougo entra no escenario aqueles das talladas grandes, paseniño van entrando e ollando de birollo a todos os que alí atópanse. Un deles di que temos que abrir unha paréntese na economía de mercado, hai un silencio e ao momento escoitase un murmurio.

Todo o persoal está fervellando, cando ao fondo aparece como un pantasma o rei do mambo actual de EEUU, ten unha cara de subnormal e pola boca e os dentes lle caen uns "hilillos" de sangue (por aquilo de Irak). Ao seu carón ten un completo exército de matóns e trata de convencer aos da gran tallada que a desfeita "neocon" vaise arranxar metendo grandes cantidades de diñeiro nas empresas e nos bancos en crise. Os demais protestan dicindo que non van a consentir que o seu diñeiro dos impostos sexa para darlle a uns irresponsables mafiosos e cobizosos para amañar a desfeita. Os que estaban tirados no chan protestan con berros e golpes, estes xa quedan alí das tundas que lles meteu os mercenarios de rei do mambo.

A imaxinación do director da obra, remata facendo futuro a partir deste acto cun completo “cambalache” no escenario, onde comeza a verter unha grande cantidade de fume, berros, liortas, mortes unha autentica batalla campal.

Pola beira dereita do escenario comezan a fuxir o rei do mambo, os mercenarios e os da gran tallada, quedando o teatro como unha cidade bombardeada. Eu na miña butaca comecei a asustarme, cando vexo que o balado que aguantaba o "mapa mundi" cae, nembargantes da tempo para ollar o que dicía o letreiro: "se ha caido el muro del neoliberalismo". Cae o pano.

Nota do comentarista e crítico teatral:

O director da obra, neste final no me convenceu, máis ben nese balado tiña que poñer: "Socialización das perdas" e a seguir pagando os mesmos "paganos" para alimentar este manicomio de mercado, especulación, voracidade, pensamento dominante, consumo ata crecer e crecer ata o inferno. Fai dúas décadas os gobernos meteron o raposo de gardián no galiñeiro e agora non temos galiñas e o raposo agora rise de nós co bandullo cheo ata a gorxa. Privatizaron ata a sarna e aínda seguen privatizando que algo queda.

Que razón tiñan aqueles intelectuais e interpretes da canción de finais dos anos setenta como: "Stand Down Margaret" (The Beat), "Tramp The Dirt Down" (Elvis Costello), "Dear Margaret" (The Kinks), "Margaret On The Guillotine" (Morrissey), algunhas cancións de (Pink Floyd) en "The Final Cut", e "Mother Knows Best" (Richard Thompson), facendo crítica a nivel mundial da Dama de Ferro e do "cantamañanas" de Reagan, xa adiviñaban a especulación e fame no mundo nestes anos do milenio.

Que mágoa da o non ver nin escoitar a moitos intelectuais da agora que se apuntan ao progreso e a xustiza mundial, calan, non falan, nin sequera piden responsabilidades aos responsables da desfeita con nomes e apelidos. Quizais entraron na roda desa voracidade especulativa con prebendas, foi a táctica que naqueles anos oitenta os “neocons” implantaron apoderándose da cultura, neutralizando calquera crítica. Algúns (poucos) aínda seguen alimentando esta política de desfeita mundial.

Toda este "cambalache" do século XXI promovido por estes fedentos "neocon" (nada teñen que ver cos humanos), aseméllanse a pedras derrubadas do Muro de Berlín liberal.
Cardalda, Theo
Cardalda, Theo


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES