Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Paula, Montse e o Menéndez Pelayo

miércoles, 11 de mayo de 2022
Nos actos públicos é habitual contar cunha intérprete de signos -xeralmente son mulleres- para que as persoas xordas poidan contactar coa realidade. E se alguén considera excesivo esforzo a prol dun colectivo que se supón minoritario, con que unha soa persoa se salve do pozo do aillamento, está plenamente xustificado.

Nun colexio preto de Lugo, un neno xordo de seis anos tivo a sorte de ter por profesora á lucense Paula Sancosmed, e que esta tivese como veciña e amiga a Montse Flores, que domina o idioma dos xordos porque xordos son seu pai e súa nai. Foi un pequeño milagro, porque non só conseguiron que o neno se integrase na aula e no mundo, senón que xunto co neno xordo aprendeu ese idioma o resto do alumnado, co que a integración foi total.

Se isto de por si xa é unha victoria incuestionable, ademais dunha liña a seguir con toda firmeza, vai ter continuación en Lugo porque Paula veu destinada ao Colexio Menéndez Pelayo, e aínda sen alumnos xordos, este colexio vai honrar ao colectivo no próximo Día das Letras Galegas, contando con Montse, cunha celebración especial. No conxunto de accións do "Menéndez", o alumnado de once anos de Paula, está preparando a escenificación de "Terra", de Tanxugueiras, na linguaxe de signos.

Ver alumnos -no meu caso, nenas- facer de Tanxugueiras neste especial idioma, é abrirlle unha porta inesperada a esa canción que tanto impacto nos causou, é unha lección maxistral que sobrepasa o mundo da música, da lingua e da cultura. "Terra", por signos, entra no mundo da sensibilidade, do sentidiño, da solidariedade e da irmandade. Póñome firme, e descúbrome.
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES