Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

O sangue do Mariscal e o envelenamento de dona Constanza de Castro

jueves, 12 de mayo de 2022
O sangue do Mariscal que brotou como un manancial ao cortarlle a gorxa diante a sé mindoniense e a morte dorosa por envelenamento de dona Constanza de Castro nun habitáculo da torre de Caldaloba, aínda viven e perviven entre nós. De Mondoñedo e de Caldaloba espalláronse polos camiños e o ar da nosa terra. O Mariscal converteuse axiña en mito non só pola loita na Frouseira senón, sobre todo, porque no seu degolamento participaron activamente os cóengos mindonienses. E os galegos de entón, afogados polas rendas do bispado, viron nel a un home que soubo enfrontarse a un poder que os tiña escravizados e a vivir na miseria. Viron ao seu liberador. Por iso, empezou a estar de boca en boca en feiras, festas e romerías no famoso e fermoso Pranto da Frouseira. Mentras tanto, dona Constanza de Castro, o seu home e dúas ducias de galegos, batíanse bravamente en Caldaloba contra as tropas dos Reis de Castela porque non quixeron que quedaran impunes os degolamentos do pai e curmán en Mondoñedo. O amor ao seu e aos seus e a dignidade de defender o que eles defenderon levárona a seguir a mesma loita que eles empezaran. Mais porque o Mariscal xa era un mito por rebelde e poderoso, a loita de dona Constanza de Castro quedou no anonimato. O pai eclipsouna porque o mito deborou a calquera outra persoa semellante a el. E a Historia tamén a ignorou. Mais a súa loita foi tan, ou máis, importante ca do pai. Entrou en Caldaloba para derrotar a todo un poderoso exército de Castela, ao que se lle xuntaron tropas doutros nobres galegos. Ela, con vinte homes, mais con determinación e coraxe, loitou e resistiu máis dun ano e fíxose a verdadeira dona da Historia, esa dona á que non lle escreben un cantar nin lle erguen un monumento despois de morta, senón que a forxa durante a loita. Ela fixo (durante trece meses) e foi (coa súa morte) a Historia. Por iso, dona Constanza pasou a ser o símbolo da Historia e só a ela lle pertence a verdadeira memoria histórica.
Meilán García, Antonio X.
Meilán García, Antonio X.


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania