¡Tanto que aprender!
Cachaza Platas, Mercedes - jueves, 12 de mayo de 2022
É ben certo que ninguén nace aprendido.
Tamén é ben certo que todos precisamos aprender:
Estamos aprendendo toda a vida e nunca dámos aprendido.
Non dámos aprendido porque repetimos os mesmos fallos ó longo da historia da humanidade.
Desde que Caín lle tivo envexa a Abel, as envexas aínda non desapareceron.
Desde que a soberbia levou a construir a Torre de Babel, seguimos construíndo castelos no aire.
E cando construímos "castelos no aire", derrúmbanse ó primeiro refacho que pasa.
Cando construímos a vida "sobre áreas movedizas", imos dando tumbos pola vida.
¿Qué gañou Caín con matar a Abel?
¿Non lle sería mellor celebrar e compartir os éxitos de seu irmán?
¿Qué gañaron construíndo a Torre de Babel?
¿Non lles era mellor convivir compartindo?
A historia está chea de fracasos derivados dos erros dos nosos antepasados; pero nós...
Nós teremos que ir aprendendo algo cada día para ser un pouquiño mellores e tamén algo máis felices.
Teremos que educarnos desde a máis tenra infancia ata o remate dos nosos días naqueles valores que teñen vixencia toda a vida e fan esta máis satisfactoria e levadeira.
Teremos que dicirlle ás criaturiñas e tamén a nós mesmos:
- Que para ser boa persoa hai que face-las cousas como Deus manda, porque a Lei de Deus levámola impresa nos nosos corazóns.
Se antes de actuar consultamos co corazón, oiremos a voz da conciencia.
- Que cada persoa é diferente pero merece o noso respecto; porque todos temos moitas cousas boas para compartir para enriquecernos mutuamente.
- Que conserva-las boas maneiras é propio de persoas de corazón noble; aínda que eso non signifique comulgar coas persoas diferentes; trátase de ser corteses e respecta-las diferenzas.
- Que cada persoa ten unhas capacidades diferentes e o importante é que as saiba aplicar na vida diaria para que poida desenrollar os talentos que lle regalou a vida.
- Que tódalas profesiósn e tódolos oficios son bos cando poñemos amor no que facemos, porque: cando poñemos amor no que facemos, estamos dando vida.
- Que ninguén é máis nin menos que ninguén con tal de que use a cabeza en sincronización co seu corazón.
Convén te-la mente moi clara e poñer o corazón en todo, porque a veces o corazón ten razóns que a mente non entende.
- Que é moito máis importante "o ser" que "o ter".
Para ser boa persoa e defenderse ben na vida non é imprescindible ter moito nin máis que ninguén.
O que cómpre é ser unha persoa responsable e cumpridora dos nosos deberes para con nós mesmos e para coas persoas que nos rodean.
- Que todo o que facemos ten as súas consecuencias, tanto positivas como negativas e nada cae en saco roto.
Se obramos ben, recibimos ben e se obramos mal, recibimos mal.
- Que o perdón e a tolerancia son unhas ferramentas moi poderosas para ter boas relacións coas persoas que encontramos nos camiño da vida.
Máis vale perdoar e "cambiar de rota" -se fora necesario-, que enfrontarse.
- Que a fé é a arma máis poderosa por eso debemos cutivala sen esquecer a esperanza e tamén a caridade.
Canta máis forte sexa a nosa fe, mellor poderemos enfrontasnos ás contrariedades que nos presente a vida.
Canto mellor sexa a nosa esperanza, mellor será o noso estado de ánimo para non desfalecer ante as dificultades.
E canto más caritativos sexamos, máis ricos nos sentiremos polo feito de facer un pouco máis felices ós demais e tamén porque tivemos algo bo para dar ou para compartir con eles.
O que dá é porque ten e ademais trátase dunha persoa xenerosa.
"TER PARA DAR E DAR PARA TER"
Este será o título do seguinte artigo.
Moitas grazas por terme na súa consideración nesta ocasión.

Cachaza Platas, Mercedes
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora