Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo

jueves, 12 de mayo de 2022
A Subela

Baixo un sol de xustiza, pero á sombra nunha terraza, estou disposto a coser unhas poucas pingas de orballo sobre un papel en branco. E cosereinas cunha subela. Por se aparece algunha palabra máis dura cás outras. A subela, con destreza, todo o traspasa. Creo que non son de usar expresións fortes, pero algunha vez a carraxe igual fai que se me disparen as ansias de esbardallar con algún que outro "pecado". Cando o fago adoitan ser pecados veniais. Como moito, a palabra carallo. Pero xa teño explicado que o carallo é o patrón de Galicia, polo que é máis ben unha gabanza que un insulto.
Pingas de Orballo Onde si me é moi apta a subela é para os pensamentos, para algunhas ideas que, aí si, teño que conterme moito para non espallalas polo papel en branco. E meto a subela, por un lado, polo outro, polo medio, polo principio, polo final para que non rebenten eses dicires e alguén os teña que censurar. Así é que coso de aquí e coso de alá para que o remendo disimule un pouco o meu pingas, o meu escrito.
E sempre procuro ter a man unha boa subela. Unha que cosa as xenreiras do sangue coas bondades dun soño, os medos dos pesadelos cos latexos dos sentimentos, o reflexo dun espello coa realidade do tempo. E coso a nostalxia coa miseria, a nugalla co traballo, a forza coa debilidade, o tempo que pasa co que foi e co que está por vir. Coso dous segundos melancólicos coa felicidade eterna, a Jack Sparrow coa Perla Negra e o silencio co ruído. A subela penetra, furga, cose, une e deixa remendado un pingas de cor vermello sobre unha páxina en branco. Como debe ser.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES