Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo

miércoles, 11 de mayo de 2022
A máis lista de todas

Para calquera ser humano, a súa nai é o máximo do mundo mundial: a máis guapa, a máis lista, a máis traballadora, a máis boa... Por iso eu nunca dixen tal cousa da miña, porque sei que a maioría me rebatería que a mellor era a deles. Pero hoxe vou romper a norma e confesar que a miña era a máis lista de todas e de toda a galaxia.
Era tan lista que en dous ou tres segundos soubo resolver a ecuación ou a lóxica Pingas de Orballodas miñas notas escolares: que se eu aprobaba era grazas á Virxe dos Milagres, que se eu suspendía era culpa miña. Así de sinxelo. E de lóxico. Dous segundos para dicir "grazas á Virxe dos Milagres". Dous segundos para dicir "por culpa túa, que non estudas". Así, con convicción.
A Lola da Amparo era tan lista que cando, de cativo, a retaba a botar unha carreira duns 40 metros, deixábame ir por diante uns 20, despois aceleraba e ó pasarme a dianteira soltaba aquilo de "bícame no cu que teño paxariños". Ela ría. A min entrábame a carraxe.
A muller do Manolo de Nocelo era tan lista que non precisaba de palabras para mostrarme o seu estado de ánimo cando eu cometía algunha falcatruada. Chegaba con que alzase unha cella ou contraese o rostro ou mirase de tal forma que, eu, sabía ó momento que tan axiña como entrase na casa podía arder Troia. Ata era lista para facer uso dunha acha, dunha vara ou do rabo da vasoira antes de mancarse na man contra os meus cóbados. Era lista de carallo! Non obstante, ou quizais por iso, por ser tan lista, lle quixen e lle quero moito. Pobre; eran outros tempos.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES