Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Simboloxía

lunes, 09 de mayo de 2022
Domingo, 17 de abril de 2022.

Estou un tanto sorprendido, confésoo, por como algúns interpretan o da Memoria Histórica e tamén, non teño reparo en dicilo, polo énfases que poñen en que se cumpra nalgúns casos, pasando de largo noutros sen despeitearse. E ven isto a conto pola Simboloxíaaprobación, en decisión plenaria, da retirada da estatua de González Llanos da rotonda de Esteiro na cidade de Ferrol aténdose a Lei da Memoria.

Polo que se ten dito o señor González Llanos era franquista. Por esta circunstancia, e porque chegou a faceres de Astano un dos estaleiros de referencia da construción naval no mundo, considérano un símbolo do franquismo. De non ser esta conxuntura quizá estaría formando parte do grupo dos franquistas anónimos, de a pé, que andaron e andan por aí con máis pena que gloria sen seren símbolos de nada. Neste caso xúlgase, corríxanme se estou errado, pola súa ideoloxía ou simpatía co réxime franquista sen entraren noutros matices da súa personalidade.

Este home, dun estaleiro de barcos pequenos de madeira cuns sesenta operarios, chegou a crear outro onde construíronse os maiores barcos do mundo sobre grada chegando a ter na factoría máis de seis mil empregados. Cando isto estean lendo cúmprensen 50 anos da botadura do "Arteaga", un petroleiro de 323.000 t.

Din que en "Fenia" e "Astano" empregou a represaliados políticos e acadou o respecto da maioría dos traballadores das dúas empresas pero... era un franquista. Vale, un franquista si pero as súas mans, achegue probas quen as teña, non estaban manchadas de sangue e non pesaban sobre el delitos de lesa humanidade.

Houbo tamén intelectuais que simpatizaron coa falanxe, apéndice do réxime, como por exemplo Don Gonzálo Torrente. A alguén se lle ocorrería hoxe presentar unha proposta de que se retire do campus de Ferrol o busto do insigne escritor e o nome ao Centro Cultural da cidade co argumento de seren símbolos franquistas? Pois iso.
Penso que xulgar e condenar a unha persoa polo que pensa ou pensou resulta francamente excesivo: son máis condenables os pecados de obra que os de pensamento.

Unha estatua eríxese para recoñecer á persoa cuxas obras e iniciativas beneficiaron á sociedade. Todos, todos sen excepción temos as nosas luces e sombras que no noso percorrido vital inclinarán a balanza nun ou noutro sentido.

¿Como está a balanza vital do señor González Llanos? ¿de que lado se inclina? Se estamos plenamente convencidos de que é polo flanco abxecto, entón si, retirémoslle a estatua, e se non deixémola estar.
Rubia, Xoan
Rubia, Xoan


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES