Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Seres perfectos ou case perfectos

lunes, 09 de mayo de 2022
Seres perfectos ou case perfectosComo a guerra ucraína-rusa xa a temos asimilada como unha rutina, e como dicía a semana pasada, pois hai que buscar outras novas que sexan máis ou menos dignas dalgún que outro comentario. Por exemplo, o asunto do Pegasus ese, ou sexa, da espionaxe ós políticos. Que como se descubriu que algo pasara, axiña apareceron outras novas nas que, ó final, se espiaba a todo o mundo. Resumindo, que algo cheira a podre. Ou que a mellor defensa é un ataque. E se por un casual todo é verdade, algunha cabeza debería rodar, metaforicamente falando. Pero vivimos nun país no que nos adaptamos moi ben a vivir da bicoca. Ademais, se alguén dimite dá a entender que fallou, e o noso ego non é o apropiado para admitilo. Sempre nos consideramos seres perfectos.

Seres perfectos ou case perfectosSeres perfectos, e sen mofa ningunha, sen retranca, case adoita habelos. Souben o outro día do caso de Carlos Bardají, o xefe de cirurxía pediátrica do Hospital de Navarra que, nas súas vacacións, acostuma a operar sen practicamente medios a nenos africanos. E e algúns máis coma el intentan traballar polas tardes ou facer quendas dobres para acadar días extras e sumalos ás vacacións para poder marchar a África a facer o ben. Terán os seus defectos coma todo o mundo, pero polo menos optan por unha actividade digna de eloxio e de recoñecemento. A inmensa maioría, nas vacacións, marchamos para as praias ou para a montaña.

Na categoría de seres perfectos tamén case meto ós escritores, que xa sei que é algo esaxerado, pero que unha persoa invente un mundo para que poidamos descubrilo ou vivilo ou imaxinalo é digno de gabanza. E moito máis eses escritores que, con poucas páxinas, fan gozar tanto ou máis que aqueles que escriben todo un armatoste de 600 ou 700. Os demais van ter que empezar a axustarse xa que, en Estados Unidos, nunha década, o tamaño medio das obras caeu en 51,5 páxinas. É dicir, que os superventas minguan en páxinas. Ante isto, un investigador chegou a dicir que a lectura vai en declive. Poida que si. Pero, repito, o que se conta en 600 páxinas, ás veces, se o escritor é bo, pode contalo en 200. E todos felices. Ninguén é perfecto, pero si hai xente que roza a perfección. E se non, os malos que espíen ós bos e chegarán a coñecer aqueles marabillosos Pegasos que circulaban polas estradas españolas. Moito máis fiables que os Pegasus.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES