Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo

martes, 10 de mayo de 2022
Unha misión secreta

Non debería contar nada do que vou escribir porque é unha misión secreta; pero confío en vós. Estou infiltrado na fronte ucraína entre as tropas rusas. Hai días que me encomendaron a misión de que contase o número exacto de soldados rusos loitando na fronte e, se tiña tempo, o número exacto de balas acumuladas nos correspondentes almacéns ou polvoreiras. Se cumpría perfectamente a misión, diríanme que moi ben; e Pingas de Orballose fracasaba, que non me coñecían de nada. Así se paga o patriotismo. Aínda que a min dáme igual. Con tal de que me coñezan os veciños como o espía da burga de Baños de Molgas xa me chega como recompensa.
Como misión secreta que era dixéranme que me buscase a vida para trasladarme a Ucraína, que intentase evitar as estradas, ferrocarrís e avións. Só me quedaba a opción de ir andando ou en burro. Como hoxe xa non teño burro, non me quedou outra que optar polo coche de san Bernardo... un pasiño a pé e outro pasiño andando.
Confeso que me custou chegar á fronte da guerra. Pasei as miñas calamidades, que non todo o mar é peixe, por moi heroe ou espía que sexa. Pero cheguei. Vestín coma un soldado ruso máis e, a maiores dos cometidos encomendados, ata podo dicir aquí que durante os dous días que botei alá, 366 soldados rusos foron baixar o pantalón polos montes. Entendo que saberedes o que significa iso de baixar os pantalóns. Volvín á casa vitorioso pero, como dicía, sen recoñecemento ningún. É igual. Xa estou espiando ante a burga de Baños de Molgas, que é o meu.

O Apurado

Dionisio Diéguez, O Apurado, sentou na escaleira de pedra que sobe á Aira de Arriba de Baños de Molgas para contemplar o universo, o seu propio universo. Ese no que quere aboiar para non afogar, no que quere vivir para non morrer... de pena. Dionisio está triste, pero nin el mesmo sabe por que. Aínda que, máis que triste, semella melancólico. Porque ten unha forma especial de contemplar o seu propio Pingas de Orballouniverso: cun sorriso medio ladeado, medio aberto, medio feito.
Agora mesmo non lle fai honor ó alcume. Non se apura para nada, nin tan sequera para pestanexar. Está coa ollada perdida e remoendo no seu propio universo. Ese no que vai e vén na procura da súa estrela. Ou da súa galaxia. Ó mesmo tempo, cun simple guizo ou garabato, furga no musgo do chanzo e sen decatarse debuxa un corazón rachado por unha vea da pedra. Hai alegorías que van máis alá dun soño. Ou dunha realidade.
Dionisio Diéguez, O Apurado, non se apura en transmitir sensacións de facer algo. A súa melancolía consiste en buscar un anaco de felicidade polos confíns do universo, do seu universo. Deixa que o sol o amodorre para poder pechar os ollos e así ver mellor o reflexo dos seus sentimentos. Ou das súas miserias.
Dionisio, O Apurado, si se apura agora en erguer da escaleira para marchar, correndo, na procura do seu propio universo. Ese que o mantén melancólico. E aboiando. E soñando. E pensando. E medio sorrindo.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES