Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo

viernes, 06 de mayo de 2022
Asubiar

Asubieille ó silencio para que houbera algo de ruído. Estar moito tempo en silencio tampouco é plan. Pode entrar a somnolencia, a modorra e topenear. Durmir diante da xente dá como un pouco de reparo, de vergonza. Vergonza mentres hai uso de razón, porque hai algúns que non lles importa, non só durmirse en público senón Pingas de Orballo mesmo roncar. Algúns incluso, ó durmir, baballan.
Así é que sigo a asubiar. Polo menos para entreterme. E tan ben asubío cancións de Amaral como cantigas de Fuxan os Ventos ou melodías de Sabina. Por un tempo négome a asubiar dicires de Melendi. Os temas de Melendi cámbioos polos de Morricone ou Vangelis. Son máis bonitos, moito máis bonitos. Vaiche boa!
Asubío para rachar o silencio e facerlle compaña ó ruído. Asubío un requiescat in pace polos que se foron e unha chamada ós cans que andan no monte; que non ten nada que ver un asubío co outro. Asubío polo baixiño cando os sentimentos se volven melancólicos e subo o ton cando o demo penetra polos saloucos do desexo. Asubío pola mañá e pola tarde. Pola noite descanso; ou penso no que podo asubiar ó día seguinte.
Que carallo, todos pensamos que a vida é complicada cando, na realidade, é un simple asubío. Asubío seguindo o ritmo da música de Milladoiro e mentres me encamiño á biblioteca. Aquí hai que estar en silencio.
Pero ó saír, asubiarei de novo para rachar o silencio e para que haxa algo de ruído.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES