Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Desexamos un mundo feliz

jueves, 05 de mayo de 2022
En tódolos tempos se desexa un mundo feliz; pero cando "se lle ven as orellas ó lobo" o desexo é maiúsculo.
Desafortunadamente sempre hai guerra nalgún lugar do mundo; pero cando a vemos cerca... xa nos poñemos a temblar.
¡Quen nolo diría!
¡Co bonito que é vivir tranquilos!
Grazas que somos maíoría as persoas que desexamos vivir nun mundo feliz, nun mundo no que bastan os avatares do día a día.

As persoas de ben temos suficiente coa loita diaria para construir un mundo feliz para nós e para os que nos rodean.

Que llo pregunten ós pais e nais de familia que se erguen tódolos días coa sa intención de satisfacer as necesidades da unidade familiar que un día fundaron.
Pais e nais que traballan duro:
-Para ter un teito onde resguardarse da intemperie e construí-lo seu niño de amor.
-Para levar un prato de comida á mesa tres veces ó día.
-Para comprar roupa e calzado para tódolos membros da familia.
-Para pagar os recibos da luz, do gas, do teléfono, etc.
-Para encher o depósito da calefacción para o inverno.
-Para soster o coche: gasolina, recambios, revisión, seguros, reparacións...
-Para pagar os impostos... que cada vez son máis cuantiosos.
-Para pagar os estudios dos fillos.
-Para aforrar algo para unha emerxencia.
-Para...

¡E QUE NON NOS FALTE A SAÚDE CORPORAL, MENTAL E ESPIRITUAL!

A vida diaria xa nos pon deberes suficientes.

As persoas de ben xa temos suficiente por cumplir relixiosamente con eses deberes.
Pero...
Nunca faltan complicacións.
En tódolos tempos aparecen conflictos que alteran o ritmo cotiá da vida das persoas.
Na actualidade apareceunos unha pandemia que puxo a todo o planeta a duras probas:
-Os sanitarios na fura de diante, chegando ó esgotamento, algún a perder a propia vida e outros a deixar o emprego.
-Moitos empresarios a verse en grandes apuros uns e otros obrigados a pechar a súas empresas.
-Os cidadáns de a pé a verse confinados e moitos a perder seres queridos.

E, por se todo esto fora pouco, aparece unha guerra con ganas de desequilibrar a medio mundo ou ó mundo enteiro.
Difícil nolo poñen.
Difícil si; pero imposible, non.
Imposible, non, porque somos moitos os que desexamos un mundo feliz e estamos dispostos a loitar ata conseguilo.

Son de admirar, tantas e tantas persoas de tódalas latitudes que están dispostas a aportar o seu grao de area en aras da paz.
Coa axuda de Deus e desas persoas inspiradas polo Espíirito Divino temos a confianza de que a PAZ está por encima de todo.

DESPOIS DE QUE PASE TODO ESTE “PESADELO”, TEREMOS QUE REPLANTEXARNOS MOITAS COUSAS:
-Teremos que rearmarnos de amor á vida.
-Teremos que valorar moito máis o feito de ser persoas cun corazón sensible ante o sufrimento alleo.
-Teremos que ver moi claro que as riquezas materiais pódense perder nun instante; CÓMPRE ACUMULAR: VALORES.
-Teremos que tomar conciencia de que unha vida en guerra, non merece ser vivida.
A vida regálasenos para vivila en paz.
-Teremos que recoñecer que esta vida é moi breve e non podemos perder o tempo en malgastala.
-Teremos que educarnos ou reeducarnos para construír a paz.
-Teremos que asimilar que do que dámos, eso mesmo recibimos.
Se dámos paz, recibiremos: vida.
Se dámos guerra, recibiremos morte.
-Teremos tanto que aprender…

"¡TANTO QUE APRENDER!"

Este será o título do seguinte artigo.
Moitas grazas por ser vostede unha persoa desas que desexa un mundo feliz e fai todo canto pode para conseguilo.
Grazas, tamén, por terme na súa consideración nesta ocasión.
Cachaza Platas, Mercedes
Cachaza Platas, Mercedes


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES