Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Xustificar axudas

Editorial - martes, 30 de septiembre de 2008
Institucións, empresas ou particulares que reciban axuda dunha administración, terán que xustificar documentalmente ter cumprido as condicións que na subvención se establecen, e ter investido a cantidade concedida nos fins para os que se acordou. Do contrario, a subvención sería nula e este feito impediría a concesión de outras axudas nos anos seguintes.

Por outra parte, e por Lei, os concellos teñen que remitir anualmente ó Tribunal de Contas un informe en relación coa execución do Presuposto para que este organismo poida fiscalizar a marcha económica da institución. Pero hai un vintecinco por cento dos concellos, aproximadamente, que non cumpren esta obriga situándose en franca ilegalidade.

Agora, o Parlamento de Galicia ven de relacionar ámbolos dous temas e de acordar por unanimidade pedir á Xunta que non dea subvencións pos concellos que non envíen as súas ó Consello.

Parece lóxico que todos nos sometamos ó imperio da Lei, e que o criterio que rexe para os particulares valla tamén para as institucións, e de paso que se consegue que a lei se cumpra por partida doble consigamos a racionalización das nosas institucións nas que non cabe saltarse ningunha norma por incómoda que resulte.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICIDAD
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES