Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Viva o mundo do traballo

miércoles, 04 de mayo de 2022
O título deste artigo é un verso de Manuel María que Miro Casabella cantou como retrouso. Maio empeza e empezará sempre con este retrouso; en infindos versos, en miles de linguas, en múltiples bandeiras pero con este retrouso...

É un retrouso xusto e por iso atemporal. Atemporal porque vivimos en constante incertidume no que as teas de Penélope tórnanse en espada de Damocles que nos obrigan a loitar por manter o logrado a través das xeracións. Cada vez, o poder (en sentido amplo) quérenos máis mansos e mansas e, a miúdo, pensar tórnase un acto subversivo. Neste sentido, a autodeterminación persoal, a creatividade, o pensamento crítico e incluso o amor propio tórnanse subversivos.

Por iso, desexo que as rúas de maio se extendan 365 días. Rúas que se neguen a adular ídolos efémeros e se espellen na propia forza. Esa forza que move o mundo en silencio e, cando queira, pode construír, reconstruír ou deconstruír o que lle pete.

Por algo dixo o Zeca:
Seremos muitos
Seremos alguém
Santalla, Iago
Santalla, Iago


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES