Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A misteriosa e incógnita Valura (5)

viernes, 29 de abril de 2022
Os Valuros e os Priscilianismo

A "Gran Enciclopedia Galega" de Silverio Cañada define o concepto de:
"BALURO". s.m. Persoa que se dedicaba á bruxería, ó tempo que actuaba como menciñeira, sacerdotisa e adiviña. Practicaba as artes do engano e da maxia e, por eso, estaba mal vista. Considerábase un adorador do deus Baal e normalmente tiña a súa morada nos arredores da lagoa de Santa Cristina, en Cospeito (Lugo). Ás veces exercía a competencia de crego e enfrontábase a este ata tal punto que algúns bispos galegos decretaron excomuñóns e obrigaron ós baluros a fuxir. Estes dispersáronse e comenzaron a celebra-las súas xuntanzas na clandestinidade".

O concepto que de valuro se nos dá, ten algo ou moito que ver cun dos personaxes A misteriosa e incógnita Valura (5)máis controvertidos da historia relixiosa e social do fin do mundo antiguo. Segundo a crónica de Sulpicio Severo (Chrónica, II, 44-51), Prisciliano é o culpábel de introducir a gnose herética e as prácticas máxicas na Península Ibérica, o que concomita cos Valuros na súa dedicación á bruxería e á arte da maxia. Situación que puido levar á Igrexa católica a poñerse en contra deste pobo chairego que, por unha banda fai prácticas prohibidas e pola outra, segue a unha persoa que eles mesmos tratarían de destruír.

Posiblemente a situación deste pobo valuro, tan temido polos relixiosos, proceda destas prácticas do gnosticismo e encratismo, xa que o gnosticismo enfatizaba o coñecemento espiritual por enriba das ensinanzas e tradicións ortodoxas e a autoridade da Igrexa, todo isto posiblemente levaría aos valuros a facerlles competencia aos cregos e ao enfrontamento entre eles rematando as disputas en decretos de excomuñóns sobre os valuros porque as ensinanzas de Prisciliano posiblemente quedaran na nosa terra perante os séculos que seguen dende a súa morte no ano 385, en Tréveris, ata a actualidade, mais que a mesma Igrexa se vai encargando ao longo dos séculos de elemininar estes contidos heréticos dos Valuros, que tamén concordan ata certo punto coas ideas de que os Valuros eran seguidores de Baal, pois algo tiñan que ver co gnosticismo como doutrina persa.

A heterodoxia priscilianista culminará coa non distinción das persoas trinitarias e tendo en conta que Galicia no ano 387 estaba invadida de priscilianistas segundo o testemuño de Hidacio de Chaves, converténdose a mesma Galiza no bastión á oposición e ás medidas tomadas contra os partidarios de Prisciliano. E que uns de tales opositores puideron moi ben ser os Valuros, converténdose a Valuria no refuxio dos priscilianistas sectarios que se opoñían frontalmente á Igrexa católica e por esta razón serán logo maltratados e perseguidos polos bispos que decretarán excomuñóns e obligarán aos Valuros a fuxir e a seguir coas súas prácticas na clandestinidade.

O que si sabemos é que o nome de Valuro está configurado por unha nube baixa que, como néboa espesa que é, abrangue a súa historia e o seu nome nunha situación moi escura e máxica, facendo a este pobo ou tribo a encarnadora de situacións estrañas dentro dunha ortodoxía máis dominante, ao longo dos séculos, no resto das comarcas galegas; pero esta, a Valuria, aparécenos sempre como rompedora co pre-escrito, dona de outras posibilidades e encarnadora da oposición ao establecido polas normas relixiosas imperantes.

Salve Valuria!

Textos: Xosé Otero Canto
Fotos: Anxo Grande Penela


GRAN ENCICLOPEDIA GALEGA.- Silverio Cañada. Tomos 4 e 37, páxs 221 e ss. El Progreso. Diario de Pontevedra Editor. Lugo, 2003.
Otero Canto, Xosé
Otero Canto, Xosé


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES