Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

José Manuel Rozas

jueves, 28 de abril de 2022
Con floxedade propia do tempo e dos tempos sei que se nos foi José Manuel Rozas, á idade venerable dos 101 anos, que sempre resultan poucos para as persoas que manteñen a alma en pe, e do seu facer e ser aprendemos todos.

E xa que fisicamente non puiden acompañalos, o ralentí do motor que ando regulando permíteme decirlles aos Rozas que sinto a súa perda pero tamén lles lembro o afortunados que son por formar parte dunha unidade familiar extraordinaria.

Admírame a xente que sae do humilde no material e medra ata o infinito e máis aló con sobrehumanos esforzos, sen nunca sufrir o mal das alturas, soportando conscientemente que o que é sumamente modesto por forza ten que ser enxalzado.

Coñecino hai quizais medio século, a través doutro "Señor", amigo e compañeiro, chairego de Rábade, Benjamín Andrade, e neles dous coincidía un "aquel de señorío", un saber ser e estar, un imposible querer pasar desapercibidos, formando parte deste Lugo inmaterial que con cada perda humana se engrandece en humanidade e en historia.

Con José Manuel fillo, hai ben anos teño especial relación, ben porque herdou familiarmente saber e seriedade, pero tamén especialmente porque foi secretario de Ourol, concello no que el e máis eu mantemos amores pola terra, pola paisaxe e pola paisanaxe.

Fóisenos Rozas como antes Andrade, como se nos están indo chairegos inmensos nos que se fixou Manuel María para facer da Terra Chá ese mundo diferente de xentes con alma mancada por sensible, que saben, como acreditou Díaz Castro, que "Deus da boa fada aos ollos namorados que chegaron abertos ás portas do mencer". Apertas a todos os Rozas e a toda a boa xente coma eles.
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES