Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

As Cantigas de Fonte Arcada

lunes, 29 de septiembre de 2008
Partamos da afirmación de que “as Cantigas da Fonte Arcada” é un libro “raro”.
Os bibliófilos chámanlles libros “raros” ós que son difíciles de atopar, que hai poucos, e os que os teñen consérvanos como ouro en pano. Este é un libro raro.

É un libro humano, lucense e universal, orixinal, elevado e cercano, é un libro para ler, e para pensar. É un libro para, unha vez leído -xa non digamos se nos afecta a un de nós, a alguén dos nosos máis directos- pechar o libro mantendo un dedo pola folla axeitada, arrimalo ó corazón, e pararse a pensar.

E logo seguir, se se pode. Ou volver a ler. Ou gardar para ler máis tarde. Os que coñecemos a Marcial sabemos que estes versos non se escriben tecleando no ordenador; estas cousas primeiro saen dun cerebro privilexiado que pensa da xente pensando na xente; logo eses pensamentos pasan polo corazón que non só lles da forma senón que lles da xeito... e xa está.

E o que pense que Marcial padece do corazón, non pense que eso afecta para mal á vida, ós pensamentos, ós poemas. Os temas do corazón e das arterias, téñenllos solucionado no Juan Canalejo onde naceu de novo despois de difíciles e especialísimos coidados, e dese trance saleunos un Marcial reafirmado, diferente, non digo mellor porque Marcial é bo demáis para estes mundos que corren, e os que o coñecen saben que é verdade, e non teño que dicir máis.

Poucas persoas poden falar con máis autoridade de Marcial que eu, e perdoádeme a inmodestia que me chamo Xulio Modesto pero ás veces non se nota, porque resultamos ser almas xemeas desde que hai corenta anos entramos en Radio Popular de Lugo.

Eu viña da nada radiofónica. El chegaba de outras varias emisoras. E constituímos un tanden radiofónico que hai trinta anos -esto parece un conto de avó para os nenos- armamos una boa nas ondas lucenses, galegas e españolas.

Xa daquela Marcial tiña un especial xeito de narrar, de contar e cantar, de poñer no papel cousas normais que logo parecían acontecementos dignos das mil e unha noites, crónicas dun país descoñecido no que habitábamos sen sabelo. En fin, que xa daquela Marcial facía marabillas cos idiomas -galego e castelán- e deixaba moi claro como había que facer radio moderna nun tempo no que todo empezaba.

Corenta anos despois, á metade da vida creadora, aquí temos a súa máis recente obra de creación, que é radiografía espiritual de moita xente, que é testemuña das personalidades públicas e privadas de moitas persoas privadas e públicas. Que é un raro libro que se un se para a miralo, salta na man, porque está vivo.

Permitídeme copiar, para rematar este Introito, un anaco do poema de Lorca a Ignacio Sánchez Mejías: “Tardará mucho en nacer, si es que nace, un andaluz...”.
Eu vouno aplicar ó libro de Marcial: Tardará moito en nacer se é que nace, tardará moito en ser publicado, un libro como este de Marcial. E se nace un libro parecido, será -xúrovolo- de Marcial Xosé González Vigo.
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES