Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Santuarios e festas do Concello de Mondoñedo (14)

miércoles, 04 de mayo de 2022
Outras festas do Concello Mindoniense

Dende o 28 de abril ao 1 de maio celébrase a vixésimo terceira edición das festas e feiras de as Quendas, que teñen a súa orixe no século XVI. Esta festa recibiu un pulo por parte dos integrantes da comisión de feiras e festas de "As San Lucas" do ano 1984, quenes organizaron a primeira festa da empanada coa intención de darlle un maior realce as feiras de as Quendas.

A empanada ten forma de media lúa, e adoita ser de bonito ou zorza. A súa venda realízase, dun xeito preferente, o día 1 de maio, que é o día propio destas feiras. Ademais deste producto, véndese polvo, lacón e xamón cocido, churrasco etc.

Mentres tanto, no campo dos Paxariños, situado fronte a Alameda, lévase a cabo unha importante feira de gando cabalar, na que unha boa parte dos tratos entre compradores e vendedores aínda seguense facendo cun apretón de mans.

Así mesmo, na rúa das San Lucas, que sube dende o centro da vila ata o campo dos Paxariños, sitúanse bastantes postos de venda dos artigos máis variados, como guarnicións para os cabalos, aparellos de labranza, calzado, roupa en xeral, frutas, pan...

Nos días da feira-festa, celébrase o descenso de carrilanas no circuito mindoniense que abrangue dende "os Picos a Pelouaín". Tamén, desfilan polo centro histórico pasarrúas, acompañados dos xigantes e cabezuldos. Como remate, case tódolos días a noitiña, dúas orquestras amenizan as verbenas ata altas horas da madrugada.

No curro do Campo do Oso, situado entre os concellos de A Pastoriza e Mondoñedo, celébrase "a rapa das bestas" o último domingo de xuño.

Pola madrugada, os mozos suben ao monte e, dirixidos por un home experto ao que chaman "o bestilleiro", van acurrulando aos cabalos. Logo, fanos descender nunha vistosa galopada ata chegaren ao curro, que consta dunhas empalizadas e un peche de tea metálica.

Alí, os gandeiros con máis experiencia manteñen un forcexeo co cabalo ata que o reducen. Nese intre, cortan as súas crines e márcano. Esta operación lévase a cabo cos demais animais. Non embargantes, os máis novos son postos en liberdade.

Sen dúbida "a rapa" é un espectáculo de forza e vistosidade que de ano en ano atrae a un maior número de persoas

A mediados do mes de xullo, celébrase dende hai poucos anos, a festa da Ensalada. O obxectivo da mesma é amosar de cara ó exterior os diferentes productos hortícolas do val de Mondoñedo. Para darlle unha maior transcendencia realízase un concurso de ensaladas coa súa pertinente degustación. Esta xornada gastronómica que constitue un atractivo para o turismo, está amenizada por algúns grupo musical ou charanga de tradición galega.

A segunda fin de semán do mes de agosto miles de pesoas acoden á vila mindoniense para disfrutar do decimocuarto Mercado Medieval, un festexo que naceu para homenaxear ao turista e que xa é unha cita totalmente consolidada. O mercado nos seus inicios adoitaba celebrarse na xornada do sábado, non embargantes, no intre actual, prolóngase dende a tarde do venres ata a noite do domingo.

Na praza da Catedral e nas principais rúas da cidade, colócanse diferentes postos comerciais onde o público asistente poderá mercar diferentes productos de coiro, esparto, cera, talla en madeira, xoguetes, zapatos, roupa en xeral, orfebrería, cerámica, herbas menciñeiras, producto gastronómicos da zona. Ademais, nos talleres de oficio medievais, os diferentes artesanos levarán a cabo diferentes representacións que serán seguidas polo público asistente.

Polo mercado, tamén aparecen bufóns, malabaristas, trovadores, mendigos, soldados, verdugos, frailes, cegos narradores, mesmo Pardo de Cela e a súa dona, que tentan revivir por unhas horas o espírito da Idade Media.

Finalmente, as diferentes representanción e simbolizacións do Medievo, rematan á noitiña cunha cea medieval.

Por outra banda, na vila mindoniense hai unha serie de barrios- como os Muíños, e S. Roque, e parroquias próximas, como a do Carmio, onde se celebran devocións populares de índole localista. Así, nos Muíños, conmemórase o día 25 de xullo, a festividade de Santiago; no S. Roque, a festividade do mesmo nome, o 15 de Agosto; e no Carmio, o 16 de xulllo, a festividade do Carmio. Nestas festividades, o crego encargado da capela respectiva, oficia unha misa solemne; logo, saca a imaxe sagrada en procesión; e , como remate, adoita realizarse "o ritual de poñer o santo".

Pois ben, as festas de barrio -segundo González Reboredo- convírtense nun referente importante de identidade inmediata contando cun santo que recibe veneración nunca capela. As festas de aldeas, barrios, lugares... son unha imitación das parroquias, xa que amosan unha dimensión relixiosa, reflectida na misa solemne e procesión, e outra profana, expresada por medio do baile.

BIBLIOGRAFÍA
CARDESO LIÑARES, J. Santuarios marianos de Galicia, A Coruña: Ed. de Caixa Galicia, 1995, páxs. 141-152.
CEBRIÁN FRANCO, Juán José. Guía para marianos visitar los santuarios. V. II. Serie "María en los pueblos de España". Madrid: Ed. Encuentro, 1989, páxs.202-205.
CUNQUEIRO MORA, Álvaro. El pasajero en Galicia, Barcelona: Ed. Tusquets 1989.
FERNÁNDEZ VILLALBA, José Isidro. Mondoñedo. Regreso al Pasado (Recopilación de Artigos publicados en diferentes medios de comunicación por D. Eduardo Lence-Santar y Guitián). "Las fiestas de San Lucas de 1895", páxs. 114-117. "La novena de la Virgen de los Remedios, patrona de Mondoñedo”, páxs. 140-147. "Fiestas a Nuestra Señora de los Remedios, patrona de Mondoñedo", páxs. 148-152. Publicaciones del Museo Catedralicio y Diocesano de Mondoñedo, 1999.
FERNÁNDEZ VILLALBA, José Isidro. Mondoñedo. Regreso al Pasado II (Recopilación de Artigos publicados en diferentes medios de comunicación por D. Eduardo Lence-Santar y Guitián). "El Santuario de los Remedios", páxs. 150-153. Publicaciones del Museo Catedralicio y Diocesano de Mondoñedo, 2000.
FERNÁNDEZ VILLALBA, José Isidro. Mondoñedo. Regreso al Pasado III (Recopilación de Artigos publicados en diferentes medios de comunicación por D. Eduardo Lence-Santar y Guitián) "As San Lucas", páxs. 26-29. Publicaciones del Museo Catedralicio y Diocesano de Mondoñedo, 2001.
FERNÁNDEZ VILLALBA, José Isidro. Mondoñedo. Regreso al Pasado IV (Recopilación de Artigos publicados en diferentes medios de comunicación por D. Eduardo Lence-Santar y Guitián). De Mondoñdo. Emigración-Fiesta de los Remedios. Publicaciones del Museo Catedralicio y Diocesano de Mondoñedo, 2002.
FERNÁNDEZ VILLALBA, José Isidro. Mondoñedo. Regreso al Pasado V (Recopilación de Artigos publicados en diferentes medios de comunicación por D. Eduardo Lence-Santar y Guitián). "El Santuario de Nuestra Señora de los Remedios", páxs. 129-140. Publicaciones del Museo Catedralicio y Diocesano de Mondoñedo, 2002.
FERNÁNDEZ VILLALBA, José Isidro. VI Mondoñedo. Regreso al Pasado (Recopilación de Artigos publicados en diferentes medios de comunicación por D. Eduardo Lence-Santar y Guitián). "Fiestas de Nuestra Señora de los Remedios", páxs. 17-21. "As San Lucas de Mondoñedo", paxs. 54-55. "Nuestra Señora de los Remedios de Mondoñedo", páxs. 76-79. "Las famosas ferias de San Lucas y Concursos de Ganado", páxs. 80-81. "Las ferias de San Lucas", páxs. 97-99. Publicaciones del Museo Catedralicio y Diocesano de Mondoñedo, 2004.
FRAGUAS FRAGUAS, Antonio. Romarías e Santuarios, Vigo: Ed. Galaxia, 1988, páxs. 129-135.
GONZÁLEZ REBOREDO, X.M. Guía de festas populares de Galicia. Vigo: Ed. Galaxia, 1997, paxs. 205-206.
LISÓN TOLOSANA, Carmelo. Antropología social y hermenéutica. Madrid: Fondo de Cultura Económica, 1983, páxs. 60-61.
NIETO, Amparo y SUEIRO, Jorge-Víctor. Galicia. Romería interminable, Madrid: Ed. Penthalon, 1984, páx. 279.
MAYÁN FERNÁNDEZ, Francisco. Historia de Mondoñedo (cap. 4). Lugo: Deputación Provincial, 1994.
SANTOS SAN CRISTÓBAL, Sebastián. "Santuario de Os Remedios. Mondoñedo", en Inventario Artístico de Lugo y su provincia, Centro Nacional de Información Artística y Arqueológica, t. IV, Madrid, 1980, paxs. 197-200.
TRAPERO PARDO, José. Santuario de los Remedios. Mondoñedo: Tip. La Voz de la Verdad, Lugo, 1946.
TRAPERO PARDO, José. "Dos pilares básicos del Mondoñedo actual", en Semblanza de Mondoñedo, Imp. Suc. de Mancebo, 1982, páx. 5.
VILLALBA BARREIRA, Ana Aurora. As San Lucas. Feiras e festas (dende 1156). Mondoñedo: Deputación Provincial de Lugo, 2001.
Blanco Prado, José Manuel
Blanco Prado, José Manuel


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES