Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Santuarios e festas do Concello de Mondoñedo (13)

miércoles, 27 de abril de 2022
Santuario da Nosa Señora do Carme de Mondoñedo

Situación:

Coordenadas U.T.M.: X: 633.540 Y: 4.809.668

P. Eclesiástico. Freguesía da Nosa Sra. do Carme de Mondoñedo. Arciprestado de Mondoñedo. Diócese de Mondoñedo-Ferrol. P.Civil. Parroquia do Carme. Concello lucense de Mondoñedo.

Reseña artística do Santuario:
É unha capela que consta dos seguintes elementos: unha nave cuberta de madeira a dúas augas; un arco triunfal de medio punto; unha capela maior cadrada; un arco de medio punto na entrada; un pórtico cuberto de madeira e sostido por seis piastras de granito. No seu interior hai un retábulo barroco de dous corpos, salomónico, de boa talle dourada e de principios do século XVIII; contén unha fermosa imaxe barroco da Virxe do Carme e un Cristo, tamén barroco. Outra imaxe do Carme e unha Dolorosa, ámbas as dúas obras populares do século XVIII. Unha talle do Divino Salvador, policromada, do século XVII.

PIEDADE POPULAR:

Festividade:

Celébrase o sábado e o domingo máis próximos ao 16 de Xullo.

Territorio de Graza:
Acoden devotos preferentemente da vila de Mondoñedo e de parroquias limítrofes.

Peticións:
Doenzas humanas.

Rituais:
- Celebración dunha misa a primeiras horas da tarde.
- Ritual da procesión: Logo da cruz parroquial, portada por un membro da freguesía, van a imaxe do San Isidro e as imaxes marianas do Carme e de Santa María da Cabeza, que son levadas nas andas por fregueses da comunidade, que percorren o perímetro da capela.
- Algúns devotos tocan coas súas mans e panos a imaxe da Virxe e, logo, pasanos por diversas partes do corpo cunha finalidade profiláctica e curativa.

Ofrendas:
- Algúns ramos de flores, que ornamentan a imaxe da Virxe.
- Algunhas misas.
- Algúns velóns, que permanecen acesos no interior da capela.
- Esmola en metálico, que os devotos adoitan deixar nunha boeta da capela, ou ben aportar no transcurso da misa.
Blanco Prado, José Manuel
Blanco Prado, José Manuel


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES