Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Cumprirá sementar amor

jueves, 28 de abril de 2022
Tódolos tempos teñen as súas dificultades.
Nunca foi fácil a vida.
Neste momento, tampoco.
¡Cantos estragos deixa feito a pandemia!
¡Cantos estragos fan as guerras!
¡Cantas calamidades!
¡Canto hai que aguantar!
¡Cantas persoas sufrindo!
¡Cantas persoas pasando necesidade!
¡Canta inxustiza!

Hai problemas que fan perder o humor.
Hai probemas que nos poñen a vida moi difícil.
Hai problemas ante os que nos sentimos impotentes.

Hai momentos, principalmente os máis difíciles, que nos obrigan a sacar o mellor de nós coa esperanza de que as augas volvan ós seus cauces.

¿Cando recuperaremos o sentido común?
¿Cando comprenderemos o valor da PAZ?
Din que unhas guerras se gañan e otras se perden; pero a min paréceme que nas guerras perdemos todos.

¿Cando deixaremos de odiarnos?
¿Cando comprenderemos que a vida é sagrada?

Desde que se teñen noticias, sempre houbo guerras:
- Por un bocado de terra.
- Por querer máis e máis poder.
- Por demostrar ser o máis forte.
- Por querer se-los amos do mundo.
- Por...

O ser humano non naceu para a guerra.
O ser humano quere vivir en paz.
O ser humano quere disfrutar tranquilamente dos día que a vida lle regale.

¿QUÉ TERÁN NA SÚA CABEZA OS QUE PROMOVEN AS GUERRAS?

A min paréceme que as persoas de a pé non estamos polas guerras.
Non estamos polas guerras pero sufrimos as súas consecuencias.

Nunha ocasión escoitei a unha anciá que decía:
"Mentres que vivimos os que sufrimos a guerra, non volverá a haber outra guerra".

¿Será que xa pasaron á outra vida os que sufriron os desastres das guerras anteriores?

O CERTO É QUE ONDE HAI GUERRA, NON HAI AMOR.

- Teremos que sementar amor nos corazóns da humanidade.
- Teremos que sementar amor nos corazóns das persoas que nos rodean.
- Teremos que sementar amor nos corazóns da infancia.
- Teremos que sementar amor nos nosos propios corazóns, ante todo.

¿QUÉ PENSARÁ A INFANCIA QUE LLE TOCA NACER OU VIVIR NUN PAÍS EN GUERRA?

¿PENSARÁ QUE É NORMAL? ¿CÓMO LLO EXPLICAMOS?

- Teremos que explicarlles que as guerras son males que nunca deberan producirse.
- Teremos que explicarlles que as guerras provócanas persoas que venderon o seu corazón ó mesmo demo.
- Teremos que explicarlles que as guerras soamente valen para atesourar cartos e poder unas cuantas persoas mentres a humanidade se desangra.
- Teremos que explicarlles que vimos a esta vida para disfrutala e vivir felices compartindo paz con todos.
- Teremos que explicarlles que a paz é un ben moi prezado.
- Teremos que sementar moito amor nos seus corazóns para que nos constrúan un futuro feliz que é o que desexamos todos.
Porque desexamos un mundo feliz.

"DESEXAMOS UN MUNDO FELIZ"

Este será o título do seguinte artigo.
Moitas grazas por todo o amor que deixa sementado na súa traxectoria vital.
E moitas grazas por terme na súa consideración nesta ocasión.
Cachaza Platas, Mercedes
Cachaza Platas, Mercedes


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES