Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo

miércoles, 27 de abril de 2022
A muller de prata

Levaba tanto tempo andando que me apetecía descansar. Así é que non tardei en optar Pingas de Orballo por sentarme nunha mesa da terraza dunha cafetaría para tomar, precisamente, un café. Na mesa alguén deixara esquecida unha desas revista do corazón ou prensa amarela. Ó mellor pertencía á propia cafetaría. Non sei. É igual. O caso é que, nun momento dado, é dicir, cando de repente apareceu un refacho de vento, abriuse de calquera xeito e non me quedou outra que contemplar a páxina na que había a foto dunha actriz. Segundo a vin xa se me veu ó momento á cabeza un nome, e non o da propia actriz, senón o de A Muller de Prata. Porque a actriz, retratándose a si mesma diante dun espello, ía toda vestida con prendas da cor da prata. Chaquetiña, pantalón e bufanda, que era o que eu alcanzaba a ver; realmente o que mostraba a foto. O calzado era distinto, si; uns tenis ou zapatillas brancas. O móbil co que se retrataba cubría, tapaba a súa boca, pero aínda así non me esforcei moito en adiviñar un sorriso aberto e vermello. Vermello porque intuín que tería os beizos pintados con esa cor, facendo xogo coas uñas. E segundo un refacho de vento abriu a revista por esa páxina, outra aireada cerrouna e deixouna como estaba. Pero a imaxe da foto aínda perdurou na miña memoria o tempo suficiente como para deixar constancia dela, aquí, neste Pingas. Porque hai fotos que inspiran e a da muller de prata inspiroume polo colorido da súa vestimenta.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES