Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Camiños de paz

martes, 26 de abril de 2022
A ministra Ione Belarre pediu nunha Conferencia Europea pola Paz, celebrada en Madrid, un cesamento do fogo en Ucraína e a vía diplomática para poñer fin á guerra. Os principais partidos da esquerda radical europea sumáronse a este acto, entre outros o Bloco de Esquerdas portugués, Syriza de Grecia, Francia Insumisa, o Sinn Féin irlandés, a Sinistra italiana, entre outros, xunto con Unidas Podemos, o BNG e Bildu, aquí en España.

Que a guerra é un fracaso para o xénero humano é algo indiscutible. Pero defender postulados pacifistas cando os mísiles e os tanques rusos arrasan as cidades ucraínas e os mortos cóntanse por decenas de miles é, ademais dunha temeridade, unha inmoralidade.

Fai xa bastantes anos contoume o filósofo francés Paul Ricoeur que nos anos trinta, cando era un mozo universitario, participou activamente nos grupos pacifistas e non-violentos franceses, tentando conseguir a desmilitarización e o desarmamento de Francia. A súa posición xuvenil non-violenta tiña que ver non só coa súa militancia en grupos cristiáns-protestantes, senón co seu anti-belicismo pola perda irreparable do seu pai na I Guerra Mundial, cando o filósofo era un cativo.

En 1939 estalou a II Guerra Mundial e Ricoeur foi mobilizado nas tropas do exército francés para loitar contra os nazis, que acabaron invadindo Francia e capturando a Ricoeur nunha escaramuza. Pasou tres anos nun campo de prisioneiros nazi no norte de Alemaña e foi liberado ao termo da guerra. A lección foi tan dura que sentiu sinceros remorsos polo seu pacifismo xuvenil. Se Francia estivese mellor preparada, non tería caído en mans de Hitler. Abofé que, sen o apoio das tropas aliadas, a historia europea tería sido ben distinta.
Agís Villaverde, Marcelino
Agís Villaverde, Marcelino


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES