Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A misteriosa e incógnita Valura (4)

viernes, 22 de abril de 2022
A delimitaión da Valuria ou Valura, sempre co "V" (II)

A Deputación Provincial, en recoñecemento do seu labor, concedeulle o título de Fillo Preclaro e Predilecto de Lugo en 1888.

Velaí as palabras propias e o seu sentir (4), que nos trouxo unha nova visión da palabra valuro:

"Hijo soy de esta provincia, de eso que vosotros llamáis la baladura de Castro de Rey de Tierrallana; y soy hijo de Lugo, declarado hijo predilecto de esta ciudad donde hice mis estudios como puede hacerlos un pobre... Esos son mis cuarteles de nobleza y no los oculto..."

Don Manuel Becerra está a falar da súa identidade e recoñece ser fillo do que chaman A BALADURA e que nos leva a outros étimos distintos aos xa vistos, pero sempre co V para explicar o termo de Valuro.
A misteriosa e incógnita Valura (4)
Cando D. Manuel Becerra di ser fillo da baladura, poderiamos pensar no verbo latino balo, -as, -are, -avi, -atum, que significa "bear" as ovellas en galego e en castelán "balar", cunha etimoloxía procedente de ballatura(m) que podería orixinar baladura e logo balura co b, mais nós coidamos que esta non é a súa orixe por ser animais pouco habituais na Valuria ou Terra Chá debido á humidade, pois as ovellas no mollado teñen unha enfermidade que os ancestros chamaban o "lolo ou o loro, na gorxa" e do que morrían pola herba mollada e demasiado verde, por iso a estes animais habería que situalos nos montes e lugares secos.

No dicionario de Corominas (5) trántase os étimos:
"VALLA, 1611. Del Lat. VALLA, plural de VALLUM, "empalizada", "muralla de tierra o de piedra".
Deriv. Vallado, 490, lat. VALLATUS, participio de VALLARE, "cerrar con empalizada", valladar..."

O Dicionario SPES (6):
"VALLO 1 tr: rodear de un vallado, empalizada o trinchera, atrincherar, fortificar (castra un campamento)//proteger, defender...
VALLUM, -I n: empalizada, vallado//atrincheramiento, trinchera//defensa, resguardo, amparo".

O verbo vallo, -as, -are, -avi, -atum tería un participio de futuro que sería vallaturus, vallatura, vallaturum co significado de "o que ha de vallarse", mais cando Don Manuel Becerra emprega o vocábulo baladura (cun erro ortográfico por parte do transcritor), tería que ser valadura.
Os pasos evolutivos serían os seguintes: Lat. Vallatura(m) - Vallatura - Valladura - Valadura - Valura ou Valuria.
No paso de vallatura(m) a valadura supón xa un cambio de categoría, de verbo (participio de futuro), a substantivo; mais quen lle ofrece ese cambio é o sufixo -ura, que forma substantivos femininos concretos, a miúdo provenientes dereitamente do latín, a partir de verbos ou participios co significado de "obxecto para" ou "resultado de"... a acción indicada pola base.

Exemplos:
Montar - - - - montura (Obxecto para montar)
Envolto - - - - - envoltura (Resultado de envolver)
Vallatus - - Vallatura - - - valadura (Resultado de vallar)

A pregunta máis importante sería, onde está esa estacada, muralla de pedra ou de terra que formaría parte desa valadura? Evidentemente, nós cremos que non existe na Valuria ou Terra Chá unha "valadura" que abranguese un espazo tan grande, nin tan sequera relativo a un concello como puidese ser o de Castro de Rei, porque esa valadura que orixina Valuria ou Valura apreixaría as montañas que serven de "defensa, resgardo e amparo", que tamén é o significado de "valadura".
Comprendería a súa delimitación, como terreo resgardado, defendido e amparado polas seguintes montañas que, por suposto, acoutarían tamén a Valuria, Valura ou Terra Chá:

NORTE.- Serras da Toxiza, Xistral e Serra de Carba.
LESTE.- Serra de Meira e Cordal de Neda.
OESTE.- Cova da Serpe e Serra Loba.
SUR.- Lugo.
Este espazo resgardado, e só este, correspondería aos concellos xa admitidos dentro da Valuria, como son os de: Abadín, Begonte, Castro de Rei, Cospeito, Guitiriz, Baamonde, (Muras?) Pastoriza, Vilalba e Xermade pero tamén habería que incluír a Outeiro de Rei, Rábade, Meira, Parga e Friol, posto que tamén forman parte da valadura que evolucionou a Valura ou como dixo Aquilino Iglesia Alvariño, A Valuria.

Salve Valuria!

Textos: Xosé Otero Canto
Fotografía: Anxo Grande Penela


NOTAS:
4. PÉREZ Y VERDES, Ricardo.- Manuel Becerra, de barricadista a ministro. Páx, 22. CROA 6, 1996
5. COROMINAS, Joan.- Breve diccionario etimológico de la Lengua Castellana. 2º ed. Revisada. Ed. Gredos, S.A. Madrid 1967, páx 597
6. Diccionario Ilustrado LATINO-ESPAÑOL, ESPAÑOL-LATINO. Edit. Spes S.A. 6ª edic. Barcelona 1962, páx 534

BIBLIOGRAFÍA:
ABASCAL, Juan Manuel; CEBRIÁN, Rosario.(2009): Los viajes de José Cornide por España y Portugal de 1754 a 1801.Alicante: Espagrafic. Real Academia de la Historia
ARIAS VILAS, Felipe. (2015): "Soleira da obra Valuria de Xosé Otero Canto", As Foulas do Rañego Nº 12. Xermolos-Irmandade Manuel María.
CARBALLO FERREIRO, Xosé Manuel: "Carta aberta a Manolo Rodríguez". Galicia Dixital 25-05-2016.
COROMINAS, Joan (1967): Breve Diccionario Etimológico de la Lengua Castellana. Edit. Gredos, S.A. 2ª ed. Revisada, Madrid, páx 597.
CUBA, Xan; MIRANDA, Xosé; REIGOSA, Antonio: (1999) Diccionario dos seres míticos galegos. Xerais.
DICCIONARIO ILUSTRADO LATINO-ESPAÑOL, ESPAÑOL-LATINO (1962): Edit. Spes, S.A., 6ª edic. Barcelona, páx. 534.
DORREGO MARTÍNEZ, Filomena. (2005): Sobre os Baluros: mito e realidade. Croa, Nº 15.
OTERO CANTO, Xosé.(2017): Sobre a etimoloxía da palabra "valuro". Croa. Nº 27.
PÉREZ Y VERDES, Ricardo (1996): Manuel Becerra, de barricadista a ministro. Croa, Nº 6, páx.22.
RIELO CARBALLO, Isaac: Aproximación histórica ós baluros ou valuros. Caderno monográfico repartido en Castro de Rei 28-02-16
RIELO CARBALLO, Isaac. (2015): "Xosé Manuel Carballo e os baluros". Artigo do libro Cerna de Carballo. Xosé Manuel Carballo vistopor 200 amigos e amigas. Xermoilos-Irmandade Manuel María. Colección Pedra Alveira Nº 6.
RODRÍGUEZ, Eva: O enigma do ADN dos tres uros da pastora Elba do Courel. Gciencia. Agencia Sinc, 24/05/21.
VILLAR, Francisco; PRÓSPER, B. Mª. 2005: Vascos, celtas e indoeuropeos. Genes y Lenguas. Edic. Universidad de Salamanca.
Otero Canto, Xosé
Otero Canto, Xosé


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES