Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Dona Constanza de Castro da liñaxe dos valentes

miércoles, 27 de abril de 2022
«Aramos sobre os mortosnestaterra / i o noso pan ten un sabor de hosos / familiares, irmáns... Os que pidan o fruto sin labores, / si non morren de seu, morran de guerra, / e destaterra, así, serán señores», para Roi Xordo desde o corazón de Lorenzo Varela. ¡Ouh, Roi Xordo, Roi Xordo! ¡Ouh, Pedro Osorio, Diego de Lemos e Lopo Mariño de Lobeira! «Ouh, Alonso de Lanzós, / esforzado capitán, / ti mandaches ós labregos / que tiñan fame de pan!» deixoulle escrito Manuel María en verbas con fame de xustiza.¡Ouh, María Castaña, Inés de Ben e María Pita!, «María das batallas, / levareiche unha frol por cada bala», desde a alma de Lorenzo Varela. ¡Ouh, Pardo de Cela, Pardo de Cela!, «mau homicida, / con infame treición, quitoulle a vida», Lamas Carvajal, con devezos de Patria. ¡Ouh, dona Constanza de Castro!, arriscada combatente en Vilaxoán, «Por iso volverás en cada hedra / a abrazar contra o olvido e o desleixo / este teu Vilaxoán de pedra a pedra» escribiu no ceo de Caldaloba Marica Campo. Recolliche a linaxe valorosa dos antergos resistentes e batallaches ás tropas do reino de Castela até o último suspiro poloteu e os teus, mais renaciche en semente para Galiza. ¡Ouh, dona Constanza, dona Constanza!, pedra, frol, lanza, seta e estrela de Vilaxoán, recendo de Caldaloba e de toda a Chaira, sinaláchesnos o carreiro da dignidade: en cada seta, unha arela de vinganza; en cada lanza, unha esperanza dunha Terra; en cada bolaño, unha sementeira de loita e sofrimento; en cada estrela, o teu nome, e na tua morte, bágoas amargas por un Reino. Soedade e saudade de ti, eternamente, dona Constanza.
Meilán García, Antón X.
Meilán García, Antón X.


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES