Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Espelir o medo, xa?

miércoles, 27 de abril de 2022
É oficial, acábase a máscara en interiores. Sobre este tema xa expresei dúbidas nun artigo das semanas pasadas. Agora toca ver o que pasa e como reaccionamos ante a caída da obrigatoriedade: poderá o medo ou as ansias de liberdade? Verémolo polas rúas...

Hai quen di que era mellor deixar acabar o curso e facelo no verán. Eu, que confeso as miñas ganas de sacala, lembreime da miña avoa cando dicía aquelo de "por unha presa de fariña que non queden as papas soltas". Entón penso que polo que queda era mellor máis cara o verán.

É unha decisión tremendamente difícil para calquera goberno e, ao mesmo tempo, é unha proba de lume que calquera goberno ten que asumir. Vendo o mundo ninguén pode asegurarnos o non retorno e tampouco que este é o momento...

...o que está claro é que, despois dun bienio tan duro, é necesario procurar ledicias, apertas, risos e soños aprazados. É hora de coidar a nosa saúde emocional atendendo tantas saudades adormecidas na paciencia.
Santalla, Iago
Santalla, Iago


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES