Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Santuarios e festas do Concello de Mondoñedo (12)

miércoles, 20 de abril de 2022
Santuario da Virxe dos Milagres de Oirán, Mondoñedo (2)

Rituais e Ofrendas

As peticións dos fieis suponen unha actitude de submisión á Virxe, que é considerada como unha importante mediadora perante de Deus (liturxia oficial) e, tamén, como unha entidade con poder propio. Para expresar este sometemento ó poder sacro, os ofrecidos cumpren cunha serie de promesas que poden realizarse, indistintamente, denantes ou despois da concesión do pedimento. Para iso, os devotos adoitan tomar parte en diferentes rituais e ofrendas que describo a continuación:

O 24 de maio, un bo número de devotos veñen, tamén, andando dende cadanseu lugar Santuarios e festas do Concello de Mondoñedo (12)de orixe -Alfoz, Lourenzá, Mondoñedo- como sacrificio previo denantes de entrar en contacto có sagrado. Logo de acceder ó santuario, algúns dan unha ou máis voltas de pé, calzados ou descalzos arredor do mesmo cunha imaxe pequena da Virxe. Oen unha das misas que se ofician durante a mañá -10,30 e 11,30- e primeira hora da tarde -13 horas-, que é o momento no que se concelebra unha misa cantada, participando o párroco e algúns cregos de parroquias limítrofes -Lourenza, Ferreira-. O dia 25 de maio se ofician dúas misas: as 12 e as 13 horas.

Ó rematar a misa cantada, celébrase a procesión que dá unha volta ó redor do templo parroquial. A disposición dos seus elementos é a seguinte: unha cruz e un pendón parroquial, levados por fregueses da parroquia; tres estandartes, que representan á Virxe do Carme, ao Corazón de María e a Virxe dos Milagres, levados por devotos e fregueses; logo a imaxe do Neno Xesús, levado nas andas por catro mulleres da freguesia; a continuación, a advocación mariana dos Milagres, levada nas andas por catro homes da comunidade. Precedendo á imaxe mariana, van tres rapazas botando pétalos de rosas polo chan; como remate, os cregos concelebrantres e os fieis colocados sen distinción de idade e sexo.

Ben denantes da procesión ou ó seu remate, bastantes devotos realizan dous rituais de contacto coa imaxe de devoción: o de "poñer o santo" e o ritual de contacto activo coa imaxe estática. O primeiro deles consiste en que o párroco, cunha imaxe pequena da advocación mariana, fai o sinal da cruz por riba da cabeza dos fieis, que bican a imaxe e deixan unha esmola ó seu carón, mentres o poñente recita a seguinte xaculatoria:
"Cristo vive,
Cristo reina,
Cristo che quite a enfermedad,
che dea a sanidade.
Polo poder que Dios ten
E a Virxen gloriosa. Amén".

Tamén o párroco de Lourenzá axuda a "poñer o santo", sustituíndo ao de Oirán por razóns de culto. Neste caso a pregaria que emprega é diferente. E así, no inicio da pregaria, cita o nome da persoa, que vai realizar o ritual, e, logo dice:
"que o Señor te libre da enfermedad,
e che dea a sanidad,
pola intercesión da Virxen María. Amén."

O segundo ritual se basa en que algúns devotos tocan a imaxe da Virxe coas súas mans, panos e outros obxectos que, logo, serán usados cunha finalidade profiláctica e curativa.
Santuarios e festas do Concello de Mondoñedo (12)
Ata hai poucos anos o día 24 de maio levábase a cabo a "bendición de animais". Viñan devotos preferentemente da parroquia con cabalos, cabras, cans, ovellas, e vacas e percorrían o perímetro do santuario, mentres que o párroco da freguesía usaba o hisopo con auga bendita e recitaba a pregaria adicada á bendición dos animais, que dí o seguinte:

"Oh Dios, que todo lo hiciste con sabiduría, y que después de crear al hombre a tu imagen, le diste con tu bendición el dominio sobre todos los animales. Extiende tu mano con benevolencia y concédenos que estos animales nos sirvan de ayuda y nosotros, tus servidores, ayudados con los bienes presentes busquemos con más confianza los frutos. Por Jesucristo Ntro. Señor. Amén".

Como compensación polos favores recibidos, ou como ofrenda propiciatoria, os romeiros entregan unha esmola en metálico no intre de poñer á advocación mariana, ou deposítana nos petos que hai no santuario. Tamén ofrendan "velóns" -cirios pequenos- e algunhas candeas da mesma altura que a do ofrendante. Outro donativo é o de figuras de cera que representan total ou parcialmente o corpo humano. Tanto unhas coma outras colócanse na marxe esqueda do presbiterio. Estas ofrendas de cera véndense nun posto que se encontran nas proximidades do recinto sagrado. O seu prezo é o seguinte: exvotos de cera: 2 euros; velas da mesma altura que a do ofrendante: 5 euros; cirios pequenos ou "velóns": 1 euro. Tamén hai algúns devotos que entregan á Virxe ramos de flores. De feito o arco de flores, que amosa a imaxe mariana, foi realizado por Amparo Villarmea e Remedios Villarmea da parroquia de Oirán.

Logo de cumpriren os diferentes oficios relixiosos, os fieis da parroquia, devotos e invitados participan do feiral laico.
Blanco Prado, José Manuel
Blanco Prado, José Manuel


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES