Guerra, guerra inmunda
Cabada Castro, Manuel - jueves, 21 de abril de 2022
Guerra, guerra inmunda, para xa!
Destrúe os teus mísiles sen dor.
Ti e os teus enxeños non nos van!
Apertas e bicos só buscamos,
ceos moi azuis en son de paz.
Non petes, valente, no teu peito,
que ante ti, alá lonxe, hai irmáns.
No canto de obuses lanza flores
das que a abella fará bos panais.
Un só neno que deixes sen vida
roerá na túa ata o final!
Ben estraños somos os humanos:
vivirmos queréndonos matar!
De onde tal idea puido vir?
Só dun demo argallante do mal!
Proba, irmán, proba, irmá e mais eu
a enchérmolo todo ata o final
de aprecios e fondos agarimos,
berrándolle á guerra: "Nunca máis!"
Fixémolo unha vez xuntos todos
fronte a ondas negroides do mar!
Agora ante as ondas desta guerra
fagámolo aínda unha vez máis!
Cabada Castro, Manuel
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora