Abraham
Gzlez.Vigo, Marcial - viernes, 26 de septiembre de 2008
Xitanos, paios, Gardas Civís; estudiantes, traballadores de oficio e sen el, mozas e mozos lucenses, de alén do mar e das cortiñas de España; excompañeiros do Galén e do Instituto. Todos estabamos alí, con Abraham. Todos os mundos fomos a honrar a Abraham. A honralo, a choralo e a despedilo. Nas Areeiras, na igrexa das Gándaras e no Camposanto.
Ninguén podía crer o que acontecía.
Ocorrera iremediablemente e a todos nos parecía un imposible.
Abraham, con 23 anos, forase sen saber polo que. Nin a ciencia o soubo, nin o sabe: de súbeto, de socate, de repente; sen dar recado.
Abraham, das Gándaras de Piñeiro, o fillo de Conchita e de Luciano. O Garda Civil do novo deu o derradeiro suspiro no seu posto, coma os xenerosos, coma os mellores dos bos púxose a durmir eternamente.
Curta viaxe a túa, Abraham; curta e intensa.
Diante da vértola da natureza é cando caemos na conta do efímero desta estadía. E cando comprendemos o importante que é tratar de ser felices. Os homenaxes alivian a dor e honran ó viaxeiro que marchou.
Estás na túa Illa Verde, en verde benemérito vestido.
Vives na túa Illa Verde da paz e do silenzo.
Sen requerir nada absolutamente.
Na paz do amor aos teus; na paz da outra illa.
Nese illar infinito, mellor e máis bonito.
No Llar dos elexidos.
No Llar sin penas, no da placidez total.
Na eira dunha eira sen ambicións, sen rencores; sen maldades.
Eres, seguramente, Abraham, o capitán.
Eres o guía do val dos bos na paz total.
Eres o Garda Civil novo, entre outros novos.
Serás o Garda Civil dos outros que cheguemos.
Gardado así, ninguén teñamos medo.
Só nos queda esperar o tempo viaxeiro.
¡Que ben, Abraham, irse sen sofrir un longo sofrimento!
Na túa illa estás, e nós aquí; agárdanos aí.
Iremos indo, sen saber cando, nin de que maneira.
Fainos un sitio, capitán.
Un lugar a carón do teu Illar.
O Fervedoira, O Rato e O Miño, tamén choraron, é verdade.
Pero despois cantaro na tarde da luz do luns.
Na tribulación da hora, só me quedei con dous versos:
Instituto, gloria a Ti,
por tu honor quiero vivir.

Gzlez.Vigo, Marcial
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora