O amor fai milagres
Cachaza Platas, Mercedes - jueves, 21 de abril de 2022
Moito se deixa falado do amor...
O amor é unha constante na vida das persoas:
Hai persoas que aman.
Hai persoas que fan o amor.
Hai persoas que son amadas.
Todos queremos amar e todos queremos ser amados: aínda que a veces non sabemos moi ben onde está o límite entre o amor e o noso "ego".
É unha debilidade humana.
É unha mágoa que se prostitúa o amor.
Algo ten bello, algo tan noble...
GRAZAS QUE MOITAS PERSOAS CREMOS NO AMOR E NOS SEUS EFECTOS.
Moitas persoas cremos que o amor é unha arma revolucionaria que podería transformar todo o mal que hai no mundo.
Deberíamos facer un uso adecuado desa arma porque: os humanos necesitamos amor desde o primeiro ata o derradeiro día da nosa existencia.
Os animais, tamén e as plantas tamén.
Os que os amamos, sabemos o agradecidos que son e os beneficios que nos aportan.
TODO NECESITA AMOR PORQUE TODO É FROITO DO AMOR.
Pero, aínda así, neste mundo hai moita falta de amor:
- Hai criaturas que son maltratadas por problemas persoais dos seus proxenitores, sofren moito e, á veces, quedan marcadas de por vida.
- Hai xuventude que o pasa moi mal, froito da miseria e da necesidade na que lle toca desenvolver a súa vida.
- Tamén hai persoas adultas que sofren violencia, especialmente do xénero femenino: unha inxustiza maiúscula.
Pero a inmensa maioría das criaturas son tratadas como se merecen e medran felices dando lugar a unha xuventude sá e santa.
Tamén hai moitos adultos que se aman e viven felices irradiando felicidade no seu entorno.
-Hai moitas persoas santas coas que nos encontramos no día a día. ¡Irradian tanto amor!
Amor de diferentes clases, pero sempre amor.
- Hai amor de pais que son dunha fortaleza insustituible.
- Hai amor de fillos que fan o indecible polos pais.
- Hai amor de netos que é indisoluble.
- Hai amor de familia que a mantén unida pase o que pase.
- Hai amor de amigos que son un tesouro.
- Hai amor á terra que nos viu nacer.
- Hai amor á lingua materna.
- Hai amor...
O AMOR NON TEN FRONTEIRAS.
O amor pon remedio a moitos males:
- Cando unha criatura chora, un pouco de amor materno pon remedio ó seu pranto de maneira inmediata.
- Cando un adolescente ten problemas, o consolo amoroso dun amigo alivia o seu mal.
- Cando un estudiante sofre porque non acada os resultados que desexa, o amor comprensivo da familia axuda a levantarlle o ánimo.
- Cando unha parella sofre por unha ruptura, as palabras amorosas dunha persoa de confianza axudan a sobrelevar a situación.
- Cando un doente sofre unha enfermidade, o coidado amoroso favorece a súa recuperación.
- Cando alguén sofre porque lle vai mal a vida, a axuda caritativa, favorece a saída a flote.
- Cando alguén...
¡O AMOR É TAN NECESARIO...!
Cómpre disfrutalo.
Cómpre aproveitalo ó máximo.
Cómpre disfrutalo ó máximo.
Cómpre facilítalo ó máximo.
Dise que:
"Quen vai sementando amor, vai recibindo bendicións ó seu redor"
"CÓMPRIRÁ SEMENTAR AMOR"
Este será o título do seguinte artigo.
Moitas grazas por terme na súa consideración nesta ocasión.

Cachaza Platas, Mercedes
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora