Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo

martes, 19 de abril de 2022
O espía

Son o espía que xurdín, non do frío, senón da auga quente da burga de Baños de Molgas. Que a verdade é que, se me gorezo moito nela, queima. Pero aguanto coma os heroes. Coma os espías. Son o espía que espía todo para vender despois (o que sexa) ó mellor ofertante. Son o espía que espía os parladoiros das mulleres cando baixan a lavar a roupa. Hai que dicir que, aí, hai moito que espiar.
Pingas de Orballo Espío tamén os peixes que baixan polo ría Arnoia e as troitas que se acochan debaixo da ponte vella. Espío os coches que collen para Os Milagres, aínda que despois, algúns, engánanme subindo pola rúa da Igrexa. Que carallo, aínda que son un heroe, non son un espía perfecto. Son o Richard Burton molgués, e menos mal.
Como agora de xubilado non teño que facer, sento nas escaleiras da burga e espío todo o que haxa que espiar. Mesmo estou atento a quen sobe para a Rabaxoá e a quen se mete no balneario para tomar os baños. Espío coa conciencia tranquila porque, ás veces, espiar é bo. Espiando pódese saber de certas carraxes, como dalgunhas aventuras amorosas desas chamadas ás escondidas. Espío polo meu ben, polo ben da vila e dos veciños, menos daqueles ós que espío.
E cando quero espiar a fondo somerxo na auga quente do lavadoiro, aínda que abrase, e despois, escaldado e todo, intento sacar beneficio das dobres vidas dos demais. E non me remorde a conciencia, que para iso aguanto coma os heroes, ou sexa, coma os espías a auga quente da burga de Baños de Molgas.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES