Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo

viernes, 15 de abril de 2022
Detrás dun sapoconcho

Corrín moito. Corrín como nunca correra na miña vida. Detrás dun sapoconcho. E o asunto tivo o seu aquel xa desde o primeiro momento. Porque non entendía nada. Como un maldito sapoconcho corría a aquela velocidade! Porque a súa velocidade, Pingas de Orballo sinceramente, daba vertixe. Sei que as tartarugas son lentas como sei que aquela fábula da lebre que se deixou ganar polo sapoconcho debeuse a que aquela ou era parva ou foi de lista pola vida. Creo non ser parvo, como tampouco creo no que me está a suceder, pero sucede. Aínda máis, o condenado bicho, cando colle unha certa distancia, espera por min e nótolle nos ollos como me reta.
Chegou o momento incluso no que tiven que sentar para coller folgos. De tanto correr, suaba como un carneiro. O sapoconcho tamén parou e levou a cabo a burla máis grande que me fixeran nunca: nun saltiño deu a volta e púxose co bandullo para arriba. Ou coiraza para abaixo. Prométoo, bágoas de carraxe baixaron polas miñas meixelas.
Nun instante fixen mesmo que topeneaba, que cabeceaba coa intención de a ver se a tartaruga se durmía tamén. Pero a condenada pegou unhas reviravoltas como se estivese bailando unha muiñeira. E cando eu estaba a piques de desistir, de deixar de correr detrás del; o sapoconcho, con parsimonia, moi lentamente, achegouse deica os meus pés e miroume con cariña de inocente. A pesar das que me fixo pasar, collino con moito agarimo e vin que lle meteran un petardo no cu.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES