O sabor da vida
Cachaza Platas, Mercedes - jueves, 14 de abril de 2022
A vida é algo tan grande, tan grande que, fai posible: O gozo de vivir.
A vida é un regalo divino, pero precisa da colaboración humana.
Unha colaboración feita con moito amor para que a vida teña "sabor".
A vida necesita moitos e moi bos "condimentos" para que mereza ser vivida en plenitude: alicientes, estímulos, amor, comprensión, cariño, humor, optimismo, etc, etc.
Así:
-A infancia estimulada e tratada con amor, con cariño, con tenrura, con delicadeza, con calidez humana, desenrola as súas capacidades medrando feliz.
Dado que a infancia é a esperanza do futuro debemos poñer tódolos medios ó noso alcance para que poida medrar nun ambiente saudable rebosante de amor e estímulos no que se sinta moi querida e moi protexida.
Antes da incorporación da muller á vida laboral fóra do fogar a vida de familia tiña máis "sabor" a fogar.
Hoxe en día, moitas criaturas pasan boa parte da súa primeira infancia en gardeirías.
E cando empezan a escolaridade tamén pasan moito tempo nas institución educativas e en actividades extraescolares diversas.
É así a vida actual; pero tampoco ten nada de malo.
Trátase de saber organizarse e de responsabilizarse da parcela que corresponde a cada un para poñer "sabor" á vida de familia; porque a vida de familia ten un valor incalculable na vida das persoas e tamén na vida social dun país.
As familias actuáis son conscientes desta realidade e procuran estar en contacto co profesorado así como aproveitar ó máximo a vida de familia para que os seus vástagos disfruten do fogar ó mesmo tempo que se van preparando para o día de mañá.
Afortunadamente, hoxe dispoñemos de maís medios que nunca para estar comunicados.
- A vida do estudiante tamén presenta dificultades, por eso necesita que lle dean moitos ánimos para que non desfallezca ante os problemas que presenta o estudio.
Moitos estudiantes avanzan adecuadamente grazas ó apoio constante da familia que os estimula para que cheguen a ser persoas de proveito.
- ¿E que decir da etapa xuvenil?
¿Pódese imaxinar a vida da xuventude sen o apoio da familia e sen unha vida social con persoas do seu tempo?
Aínda que ser xove é un tesouro cheo de potencialidade, tamén precisa moitos estímulos para conseguir os seus soños.
Cómpre o apoio do adulto que o anime e lle dea confianza en sí mesmo, para que mellore a autestima e adquira a formación e a autonomía que precisa para empezar a súa andadura de adulto.
Á nosa xuventude agárdalle un mundo cheo de posibilidades nesta aldea global na que nos toca vivir.
Por eso precisamos xuventude: estimulada, emprendedora e moi loitadora que non se desanime ata que consiga os seus retos.
- Con todo, a maior parte do peso da vida recae sobre na etapa adulta.
Os adultos son a ponte entre xeracións.
Viven entre os ascendentes e os descendentes.
Son os encargados de "poñer máis sal que ninguén" á vida da familia para que reine a harmonía no seo familiar.
Non poden descoidar os descendentes e tampouco os ascendentes.
Todos forman a unidade familiar.
- Rematando o ciclo da vida está a ancianidade de hoxe en día que
é bastante diferente a de tempos pasados:
- Vive máis anos grazas á medicina e á calidade de vida.
- Ten máis autonomía económica, grazas ás pensións.
- Disfruta máis da etapa final da vida que o seus antepasados porque ten maís medios ó seu alcance.
- Aínda así precisa unha atención específica ás súas necesidades derivadas dos achaques e das limitacións propias da idade.
- Cómpre facerlle a vida agradable para que poida disfrutar do sabor da vida os días que lle quedan.
Resumindo:
A cadea da vida ten varias etapas e todas precisan estímulos e atencións específicas para darlle "bo sabor".
Porque a vida é unha gran aventura na que se precisa a colaboración esmerada de tódolos seus membros dispostos a derrochar amor para que a vida teña "sabor agradable".
O principal ingrediente para dar "sabor" á vida é o amor.
Grazas ó amor, todo é posible porque o amor fai milagres.
"O AMOR FAI MILAGRES"
Este será o título do seguinte artigo.
Moitas grazas por terme na súa consideración nesta ocasión.

Cachaza Platas, Mercedes
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora