Lengua azul
Editorial - jueves, 25 de septiembre de 2008
Temíase a chegada da Lengua azul como non hai moitos anos se temía a chegada da peste porcina africana que obrigaba a pechar feiras, a inmobilizar gandos e aplicar rigurosos controis e sacrificio de animais.
Ata agora só Asturias, Cantabria, País Vasco, Cataluña e Aragón se viran afectadas nas súas cabanas gandeiras pero a aparición da enfermidade en granzas de Barreiros, Lourenzá e A Pontenova, na comarca lucense limítrofe con Asturias fai que Galicia quede xa afectada pola enfermidade e que o gando galego non poida ser enviado a ningunha autonomía non afectada para evitar a propagación da enfermidade, aínda que non é contaxiosa pero se transmite por virus entre rumiantes, especialmente en ovellas pero tamén en gando vacuno.
En Galicia, prevéndose esta chegada, comezouse a vacunar a cabana gandeira pero ata o momento non chegan as vacunadas nin ó dez por cento (112.000 reses) do case millón e medio existente no país. O remedio que queda é controlar os animais, desinsectar establos, desinfectar animais, e control sanitario exhaustivo.
Certamente, a vacunación de animais puido terse efectuado con antelación, aínda sabendo que vacunar toda a cabana gandeira galega é un traballo de xigantes e os medios son sempre limitados.
De todos os xeitos, lonxanos aqueles tempos do peche de feiras e férrea limitación de desplazamento de animais, cómpre por parte da Administración divulgar o alcance da enfermidade, os seus efectos no gando, a súa inocuidade para o consumo e todo aquelo que nos poida preocupar a nós e ós que saben que a cabana gandeira galega ten importancia vital e sona nacional pola súa calidade.

Editorial
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora