Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Ballóns climatolóxicos e familiares

miércoles, 13 de abril de 2022
Chove. E apetéceme notar e ver como escorrega a auga por min abaixo. Así é que saio de debaixo do balcón e, como non teño paraugas, deixo que a chuvia me empape. Ás veces cometo actos que non son normais. Pero tampouco quero ser unha prenda na que se deixen caer aloumiños. De cando en vez é bo facerse o duro ou saír un pouco do rego.
Ballóns climatolóxicos e familiaresClaro que, ó mollarme, venme á memoria aqueles días nos que andaba no monte Medo coas vacas, que chovía e chovía e facían de paraugas os amieiros ou piornos que houbese á beira. Aínda que se dixo sempre que o que está debaixo da folla, dúas veces se molla. Eu, naqueles días, onde si me mollaba era nos pés. Porque as zapatillas estaban furadas por abaixo e, case seguro, non tiña outro calzado. Así é que non quedaba outra que aguantar a chaparrada ou ballón e tremer de frío. Porque aínda que chovese moito, quen era o chulo que marchaba para a casa á media mañá ou á media tarde, sabendo que para a Lola da Amparo a auga non era escusa para tanguer xa as vacas. Axiña imaxinaba a miña nai dicíndome que volvera por onde viñera. E, o que era peor, a forma de dicilo, claro. Que aínda non eran horas de recollerse, que se un se mollaba xa se secaría e se un tremía de frío xa entraría en calor. Unhas labazadas dela eran como ferros candentes.
Chove. Escorrega a auga por min abaixo. E, agora, sorrío ante os recordos, pero... pero naqueles anos si que había que aguantar os ballóns climatolóxicos e os familiares.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES