Que aprendemos? Como o contaremos?
Santalla, Iago - miércoles, 13 de abril de 2022
Xa hai data. O Consello de Ministros do 19 de abril ten previsto decretar a fin da obrigatoriedade máscara. Ao parecer, haberá excepcións: profesionais, persoas usuarias e visitantes de centros asistenciais, profesionais e visitantes de centros socio sanitarios e o transporte público.
A primeira dúbida que me xurde é se nos acolleremos a este levantamento ou será o medo quen siga facendo presentes as máscaras.
A segunda dúbida é se non recuaremos, visto Wuhan...
A terceira dúbida que aprendemos. Para respondela é imprescindible reconstruír a propia vivencia, é dicir, crear o noso propio relato do que supuxo a crise do COVID 19. Por primeira vez en moito tempo vivimos un feito mundial, de xeito que temos unha experiencia mundial (e case planetaria) que podemos compartir de xeito global. É posible o diálogo entre a humanidade?
A cuarta dúbida é que lugar van ocupar as políticas de benestar nos gobernos e que importancia lle vai dar o sector privado á saúde das persoas traballadoras.
A quinta dúbida é que mecanismos de arbitraxe e que deontoloxía se pode establecer no terceiro sector (público e privado) para asegurar a transparencia e a satisfacción pulcra das necesidades das persoas.
A sexta dúbida lévame á educación, onde hai que forxar unha interdependencia sólida entre o dixital e o presencial, repensando contidos e tempos tanto na aula como fora dela.
A sétima dúbida lévame ao acceso ao ocio que, na vida prepandémica, estaba consolidado para a terceira idade e para unha parte da diversidade funcional pero quizais faltara oferta para aquelas persoas que traballan e precisan ofertas en temporada alta.
A oitava dúbida é se aquela solidariedade foi só aplauso ou aínda latexa...
A novena dúbida é se seremos capaces de transmitir o vivido en valores capaces de facer e apuntalar unha sociedade máis solidaria e xusta? (Se cadra esta é a nai do año).
Poder pódese, quérese?

Santalla, Iago
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora